Juan Chouza Mendoza, nado na Devesa (A Pobra do Caramiñal) en 1911 e finado no mesmo concello en 1980, foi un mariñeiro e militar galego.
Traxectoria Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu da Pobra do Caramiñal na evasión da Nueva Marujita o 4 de maio de 1937 chegando a Casablanca. Xulgado en Ferrol por adhesión á rebelión foi declarado en rebeldía e fóronlle embargados os seus bens. Enrolouse na Frota Republicana onde foi cabo de marinería en varios buques, e despois solicitou servir no Rexemento Naval en terra. En agosto de 1941 embarcou en Londres nun petroleiro de bandeira norueguesa no que participa en varios convois na ruta do Atlántico Norte. En xaneiro de 1942 instalouse en Estados Unidos. Recrutado, foi chamado a filas o 1 de agosto, pero decidiu alistarse na First Special Service Force (FESDF). Con esta unidade participou na toma de Monte la Difensa e Monte la Remetanea, na cabeza de praia de Anzio e no desembarco da Provenza en agosto de 1944. Disolta a FESDF en decembro, Chouza foi destinado á 101 División Aerotransportada coa que participou en combates en Alsacia e na bolsa do Ruhr. Chegou a sarxento
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O pobrense que fuxiu en traiñeira da Guerra Civil e acabou na elite do exército americano
Categoría:Militares de Galicia
Categoría:Exilio galego
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1980