A sillimanita é un aluminosilicato coa fórmula química Al2SiO5. O seu nome déuselle en honra do químico estadounidense Benjamin Silliman (1779–1864), polo que orixinariamente pronunciaríase con ele (silimanita). Describiuse por primeira vez en 1824 por unha achado do mineral en Chester, condado de Middlesex, Connecticut, Estados Unidos.http://www.mindat.org/min-3662.html Mindat.org.

Características miniatura|Cristal de sillimanita de Sri Lanka. miniatura|esquerda|Corte dunha sillimanita.

A sillimanita é un dos tres silicatos de aluminio polimórficos. Os outros dous son a andalucita e a cianita. Unha das variedades de sillimanita máis coñecida é a fibrolita, denominada así porque a súa aparencia é similar a un novelo de fibras. Ambas as formas, a tradicional e a fibrosa son tipos orixinados no metamorfismo de rochas sedimentarias. É un mineral índice que indica altas temperaturas pero presión variable. Exemplos de rochas que a conteñen son gneis e granulitas. Aparece coa andalucita, cianita, feldespato potásico, almandino, cordierita, biotita e cuarzo en xistos, gneis, corneanas e tamén raramente en pegmatitas.http://rruff.geo.arizona.edu/doclib/hom/sillimanite.pdf Handbook of Mineralogy A dumortierita e a mullita son especies minerais similares atopadas na porcelana.Klein, Cornelis and Cornelius S. Hurlbut, Jr., Manual of Mineralogy, 1985, Wiley 20ª ed., p. 380

Adoita presentarse en agregados de cristais longos, bacilares, fibrosos, ás veces curvados. Tamén en masas columnares ou fibrosas ou en cantos rodados.

Utilización A sillimanita natural utilízase como endurecedor nos procesos cerámicos e na fabricación de refractarios de alto contido en alúmina ou ladrillos de 55-60 % de alúmina. Porén, para este fin foi substituída na súa maior parte por outros polimorfos de aluminosilicatos, a andalucita e a cianita. En 1998, a sillimanita representaba só o 2 % de toda a produción de minerais de aluminosilicatos do mundo occidental.

Atopáronse útiles fabricados de sillimanita que datan xa de tempos prehistóricos. En 2023 atopouse no xacemento burgalés de Atapuerca unha aixola nos niveis do Neolítico, ferramenta para traballar a madeira, probablemente extraída na provincia de Zamora (España).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ministerio de Educación y Ciencia - Minerales Mindat.org WebMineral entry

Categoría:Silicatos