A ferredoxina adrenal, tamén chamada adrenodoxina (ADX), adrenodoxina mitocondrial, hepatorredoxina e ferredoxina-1 (FDX1), é unha proteína que nos humanos está codificada no xene FDX1 do cromosoma 11. Ademais do xene mencionado situado no locus cromosómico 11q22, existen pseudoxenes localizados nos cromosomas 20 e 21.
Función A ferredoxina adrenal ou adrenodoxina é unha pequena proteína de ferro-xofre que pode aceptar un só electrón. Funciona como unha proteína de transferencia de electróns nos sistemas do citocromo mitocondrial P450. O primeiro encima deste sistema é a adrenodoxina redutase que ten un FAD. O FAD pode ser reducido por dous electróns doados polo coencima NADPH. Estes dous electróns transfírense á vez á adrenodoxina. A adrenodoxina á súa vez reduce o citocromo P450 mitocondrial. Este particular sistema de oxidación-redución intervén na síntese de hormonas esteroides en tecidos esteroidoxénicos. Ademais, sistemas similares funcionan tamén na síntese de vitamina D e de ácidos biliares nos riles e fígado, respectivamente. A adrenodoxina foi identificada en varios tecidos pero todas as formas son idénticas e non específicas de tecido.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Liagazóns externas
Categoría:Proteínas