Wolfgang Szaivert, nado en Viena o 9 de xuño de 1950, é un numismático austríaco, profesor de Numismática na Universidade de Viena e investigador sobre as emisións monetarias en Oriente Medio na Antigüidade.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Wolfgang Szaivert naceu en Viena o 9 de xuño de 1950, fillo de Martha Szaivert e de Wilhelm Szaivert (1922-2009), arquiveiro, bibliotecario e conselleiro imperial,Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 12. un erudito de quen Wolfgang herdou o seu interese pola cultura de Oriente Medio. Asistiu á escola primaria entre 1956 e 1960, e logo cursou os seus estudos de secundaria no Akademische Gymnasium de Viena, entre 1960 e 1968.Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 13.
Nese mesmo ano comezou os seus estudos superiores de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica, Prehistoria, Protoshistoria, Historia da Arte e Estudos Orientais na Universidade de Viena. En 1971 comezou a traballar como asistente de investigación no Instituto de Numismática Antiga e Historia Preislámica de Asia Central, onde recibiu as influencias de colegas como Peter Robert Franke e Maria Radnoti-Alföldi. En 1975 acadou o seu doutoramento na mesma universidade,Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 8. baixo a dirección de Robert Göbl,Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 14. cunha tese acerca da organización das cecas da moeda do Imperio Sasánida.Véxase "(1975)" en "Publicacións".Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 17.
Carreira académica e numismática O seu doutoramento permitiulle comezar a dedicarse á docencia na universidade de xeito interino. A partir dese momento, coa única paréntese da súa incorporación ao Exército federal durante uns meses en 1976, foi o único colaborador científico cun posto fixo no Instituto —que en 1978 pasou a chamarse Instituto de Numismática— ata o nomeamento de Hubert Emmerig en 1996.
En 1984 acadou a súa habilitación para impartir docencia de Numismática na Universidade de Viena, cunha tese sobre as moedas imperiais romanas a nome de Marco Aurelio, Lucio Vero e Cómodo, que foi publicada dous anos máis tarde.Véxase "(1986)" en "Publicacións". Logo desta habilitación, en 1992 accedeu a un posto de profesor adxunto de Numismática no Instituto de Numismática e Historia Monetaria desta universidade, baixo a dirección de Wolfgang Hahn, e en 1997 foi nomeado profesor extraordinario.Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 14.
En febreiro de 2010, a xubilación de Hahn na dirección do Instituto converteu a Szaivert en director interino a partir do 1 de marzo dese ano, con Hubert Emmerig como o seu adxunto. Szaivert non abandonou a docencia universitaria e o seu labor investigador no Instituto ata a súa xubilación o 29 de febreiro de 2012.
En 1999, Szaivert foi elixido membro da Comisión Numismática Austríaca.
Vida persoal Wolfgang Szaivert casou en 1971 con Eva Pytlik (nada en 1948), a quen coñecera no Instituto de Numismática e Historia Monetaria, no que tamén traballaba como investigadora.Emmerig, H.; List, E. (2012). Páxina 32.
Recoñecementos
2008: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at). 2009: Medalla Liechtenstein, da Sociedade Heráldica e Xenealóxica "Adler". 2012: Medalla Wolfgang Hahn, da Universidade de Viena."Wolfgang-Hahn-Medaille". Institut für Numismatik und Geldgeschichte. Univarsität Wien.
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis representativos publicados por Wolfgang Szaivert ao longo da súa traxectoria:"Schriftenverzeichnis von Wolfgang Szaivert 1975−20121". Emmerig, H.; List, E. (reds.) (2012). Páxinas 36-47."Wolfgang Szaivert (*1950). Zusammenstellung numismatischer Schriften". Coingallery.com
.(1975). Die Tätigkeit der sāsānidischen Münzstätten ab der generellen Einführung der Signaturen und Datenangaben, (Organisation, Technisches und historische Bezüge). 3 volumes. Universität Wien, Viena. (1980-1983). Griechischer Münzkatalog.(con E. Szaivert e D. Sear). Battenberg, Múnic. (1980). Tomo 1: Europa. ISBN 3870451823 (1983). Tomo 2: Asien und Afrika. ISBN 978-3870451875 (1986). Die Münzprägung der Kaiser Marcus Aurelius, Lucius Verus und Commodus (161-192). Österreichische Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 9783700107781 (1992). Die antiken Münzen aus St. Pöltner Museen: die Sammlungen des Diözesanmuseums und des Stadtmuseums (con F. Schmidt-Dick). Österreichische Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 9783700119401 (2000-2004). Sylloge Nummorum Graecorum Österreich, Sammlung Leypold, Kleinasiatische Münzen der Kaiserzeit (con C. Daburon). Institutes für Numismatik und Geldgeschichte, Viena. (2000). Tomo 1: Pontus-Lydien. ISBN 3950053042 (2004). Tomo 2: Phrygien-Kommagene. ISBN 3950053077 (2005). Löhne, Preise, Werte: Quellen zur römischen Geldwirtschaft (con R. Wolters). WBG Academic. ISBN 978-3534167746
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Emmerig, H.; List, E. (reds.) (2012). "Univ.-Prof. Dr. Wolfgang Szaivert". Universität Wien. Institut für Numismatik und Geldgeschichte. ISSN 1563-3764
Categoría:Nados en 1950 Categoría:Nados en Viena Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Personalidades sen imaxes