Robert Göbl, nado en Viena o 4 de agosto de 1919 e finado na mesma cidade o 8 de decembro de 1997, foi un numismático austríaco e profesor de Numismática na Universidade de Viena, especializado nas emisións monetarias do Imperio Sasánida e nas cuñaxes cuxanas.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Robert Göbl, naceu en Viena o 4 de agosto de 1919.
Logo de cursar o ensino secundario ingresou no exército en 1938. Alí pasou os seguintes nove anos en diversos destinos, ata que regresou a Viena despois da fin da segunda guerra mundial, na que pasou unha tempada como prisioneiro de guerra.
Logo da contenda, en 1947 ingresou na Universidade de Viena para cursar estudos de Historia Antiga, Arqueoloxía Clásica e Numismática Antiga, dos que se graduou en 1950, cunha tese titulada "Investigacións numismáticas e históricas sobre a historia dos emperadores Valeriano (253-260) e Galieno (253-268)".
Carreira como numismático A figura do seu profesor Karl Pink nesta universidade foi determinante na súa carreira académica posterior como numismático, sinaladamente no relativo aos seus estudos acerca das emisións de moeda do Imperio Romano.Alram, M. (2001).
A súa relación co historiador Franz Altheim introduciuno no estudo da numismática sasánida, que o levou á publicación de Aufbau der Münzprägung des Sasanidenstaates ("Estrutura da cuñaxe de moedas do Estado sasánida") en 1954, un traballo de referencia nese tema durante décadas, que Göbl presentou como tese para a súa habilitación 1955 como docente na Universidade de Viena. A esta publicación seguírona outras sobre a mesma temática durante as dúas décadas seguintes.
O seu interese pola numismática oriental antiga traspasou os límites das emisións sasánidas e en 1957 publicou un artigo acerca da cuñaxe de moedas cuxano-sasánida que acabou constituíndo as bases da súa monografía Dokumente zur Geschichte der iranischen Hunnen in Baktrien und Indien ("Documentos sobre a historia dos hunos iranianos en Bactriana e da India"), publicada en catro volumes en 1967, que supuxo o punto de partida da dedicación de Göbl ao estudo sa moeda cuxana nas décadas seguintes.Véxase "1967" en "Publicacións".
En 1962, Göbl viaxou a Afganistán como experto da UNESCO para organizar a colección de moedas do Museo de Cabul. Durante a súa estadía, viaxou tamén a Paquistán e estudou algunhas inscrcións que contribuíron decididamente a aclarar a datación da moeda cuxana.
En 1965 foi nomeado presidente do Departamento de Numismática Antiga e Historia Preislámica de Asia Central na Universidade de Viena. Pola súa banda, en 1963 fora nomeado membro correspondente da Academia Austríaca de Ciencias e en 1971 membro de pleno dereito. Un ano antes, en 1970, fora nomeado director da Comisión Numismática da Academia Austríaca de Ciencias, que se acababa de crear, cargo que ocupou ata a súa morte en 1997. .
Göbl acadou a súa xubilación como profesor emérito na Universidade de Viena en 1989, aínda que a partir dese momento continuou cos seus estudos e as súas investigacións, centradas principalmente na reconstrución do sistema monetario romano do século III, que o levaron á publicación de varias publicacións relativas a este tema nos seus derradeiros anos.
Göbl foi tamén un coleccionista especializado nas moedas obxecto dos eu estudo, centrado sinaladamente nas emisións preislámicas sasánidas e hunas de Irán, aínda que tamén dedicado ás emisións aquemenidas e arsácidas. Unha gran parte da súa colección foi obxecto dun roubo no seu domicilio, aínda que conservou as pezas que gardaba nunha caixa forte, que foron vendidas en poxa despois do seu falecemento, o 26 de abril de 2000."Professor Dr. Robert Göbl". The British Museum (Britishmuseum.org).
Robert Göbl finou en Viena o 8 de decembro de 1997, e foi soterrado no cemiterio de Hernals o día 16 de decembro."Robert Göbl". Friedhoefewien.at
Recoñecementos
1971: Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca."Eckhel-Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft (Oeng.at). 1981: Premio Wilhelm Hartel, da Academia Austríaca de Ciencias."Preisträger:innen des Wilhelm Hartel-Preises". Österreichischen Akademie der Wissenschaften (Stipendien.oeaw.ac.at).
Publicacións Esta é unha escola dos traballos monográficos máis representativos publicados por Robert Göbl ao longo da súa traxectoria:"Bibliographie Robert Göbl". Instituts für Numismatik und Geldgeschichte - Universität Wien (numismatik.univie.ac.at)."Bibliography". En Alram, M. (2001).
(1954). Der römische Münzschatzfund von Apetlon. Burgenländisches Landesmuseum, Eisenstadt. (1954). Aufbau Der Münzprägung. (1965). Die drei Versionen der Kaniška-Inschrift von Surkh Kotal. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. (1965). Zwei neue Termini für ein zentrales Datum der alten Geschichte Mittelasiens, das Jahr I des Kušānkönigs Kaniška. Österreichische Akademie der Wissenschaften und Böhlau, Viena. (1967). Dokumente zur Geschichte der iranischen Hunnen in Baktrien und Indien. Vol. I; Vol. II; Vol. III; Vol. IV. Harrassowitz, Wiesbaden. (1968). Sasanidische Numismatik. Klinkhardt und Biermann, Braunschweig. (1970). Regalianus und Dryantilla. Dokumentation. Münzen, Texte, Epigraphisches. Böhlau, Viena. ISBN 3-205-04280-8 (1971). Sasanian Numismatics. Braunschweig. (1973). Ostkeltischer Typenatlas. Klinkhardt und Biermann, Braunschweig. (1973). Der sāsānidische Siegelkanon. Klinkhardt und Biermann, Braunschweig. (1973). Typologie und Chronologie der keltischen Münzprägung in Noricum. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-0029-9 (1974). Der Triumph des Sāsāniden Šahpuhr über Gordian, Philippus und Valerianus. Viena. (1976). Die Tonbullen von Tacht-e Suleiman. Ein Beitrag zur spätsāsānidischen Sphragistik. Reimer, Berlin. (1978). Antike Numismatik. Battenberg, Múnic. ISBN 3-87045-144-0 (1984). System und Chronologie der Münzprägung des Kušānreiches. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-0618-1 (1986). A Catalogue Of Coins From Butkara. IsMEO, Roma. (1987). Numismatik. Grundriss und wissenschaftliches System. Battenberg, Múnik. ISBN 3-87045-231-5 (1987). Grabungen im Legionslager Carnuntum 1968-1978. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1157-6 (1987). Der norische Tetradrachmenfund 1972 aus Haimburg in Kärnten. Versuch einer Gesamtkonstruktion. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1554-7 (1992). Münzprägung und Geldverkehr der Kelten in Österreich. Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1987-9 (1993). Donum Burns. Die Kušānmünzen im Münzkabinett Bern und die Chronologie. Fassbaender, Viena. ISBN 3-900538-42-5 (1993). Die Münzprägung des Kaisers Aurelianus (270-275). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-1997-6 (1994). Die Hexadrachmenprägung der Gross-Boier. Ablauf, Chronologie und historische Relevanz für Noricum und Nachbargebiete. Fassbaender, Viena. ISBN 3-900538-44-1 (2000). Die Münzprägung der Kaiser Valerianus I., Gallienus, Saloninus (253/268), Regalianus (260) und Macrianus, Quietus (260/262). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 3-7001-2923-8
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Alram, M. (1998). "Robert Göbl". En Almanach der Österreichischen Akademie der Wissenschaften für das Jahr 1997/98. 148.. Páxinas 425-432. Alram, M. (1998). "Robert Göbl". En Studia Iranica. Vol. 27. Páxinas 279-288. Alram, M. (2001). "Göbl, Robert". En Encyclopaedia Iranica. Vol. XI. Fasc. 1. Páxinas 25-27.
Schubert, H. (2012). "Göbl, Robert". En Kuhlmann, P.; Schneider, H. (eds.). Geschichte der Altertumswissenschaften. Biographisches Lexikon. Metzler, Stuttgart/Weimar. Páxinas 475-476. ISBN 978-3-476-02033-8
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Nados en Viena Categoría:Numismáticos de Austria Categoría:Alumnos da Universidade de Viena Categoría:Profesores da Universidade de Viena Categoría:Membros da Academia Austríaca de Ciencias Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Galardoados coa medalla Eckhel Categoría:Prisioneiros de guerra Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes