Federico Bonini, nado en Massa o 6 de agosto de 2001, é un futbolista italiano que xoga como defensa no Almería, da Segunda División.

Traxectoria Formouse como futbolista nas canteiras da Fiorentina e da Virtus Entella. Debutou con este último na Serie B o 5 de outubro de 2019 nun partido contra o Crotone.

O 20 de xaneiro de 2020 foi cedido ao Bologna, co que debutou na Serie A o 29 de xullo do mesmo ano, nunha derrota por 0-4 contra a Fiorentina.

Volveu á Virtus para a tempada 2020/21 da Serie B e xogou 7 partidos, 5 deles como titular, rematando a campaña co descenso do equipo á Serie C. Nas tempadas 2021/22 e 2022/23 xogou cedido no Gubbio, tamén da Serie C.

O 15 de xullo de 2024 asinou polo Catanzaro. Marcou oito goles e deu cinco asistencias durante a tempada.

O 8 de agosto de 2025 fichou polo Almería, da Segunda División española.

Selección nacional En setembro de 2019 foi convocado por primeira vez para representar a Italia nuns amigables da selección sub-19. O 15 de novembro de 2021, debutou coa selección italiana sub-20 contra Romanía.

Notas

Categoría:Nados en 2001 Categoría:Nados na provincia de Massa-Carrara Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Bologna FC 1909 Categoría:Xogadores do FC Catanzaro Categoría:Xogadores da UD Almería