O Koovee é un equipo de bandy da cidade de Tampere, Finlandia. Foi fundado en 2022 e dende 2023 o seu equipo masculino compite na Suomi-sarja, segunda categoría do bandy finlandés. Trátase da sección de bandy do club polideportivo do mesmo nome.
Historia Inicios do bandy en Tampere O primeiro partido de bandy disputado na cidade de Tampere data de 1909, mentres que houbo que esperar ata 1926 para presenciar por primeira vez un partido de hóckey sobre xeo. Con todo, a última vez que un equipo da cidade xogou na máxima categoría foi na tempada 1952 co Ilves-Kissat, que descendeu ese ano. Pola súa banda o Jääpallo-64 foi o último en participar nalgunha competición durante o século XX e as primeiras décadas do XXI. Se ben o Jääpallo-64 disputou a cualificación para a SM-sarja en 1965, xogou principalmente na 2. divisioona. O Jääpallo-64 cesou as súas actividades en 1995.
A pesar de non contar con ningún equipo logo da desaparición do Jääpallo-64, a cidade acolleu partidos de bandy, salientando o xogado entre o Helsingin Botnia e o Porin Narukerä da Bandyliiga disputado en Pyynikki ante máis de 600 persoas. O Koovee tamén disputou partidos amigables fronte o Porin Ikikerä dende 2016, antes de constituírse a sección.
Inclusión do bandy no Koovee Houbo que esperar ata 2020 para que se retomara a actividade nesta modalidade na cidade. Ese ano abriuse unha pista de xeo artificial en Sorsapuisto, se ben a causa da pandemia de COVID-19 impediu comezar as actividades ese inverno. Tuomas Hoppu O historiador, escritor e afeccionado ao bandy Tuomas Hoppu decidiu propoñer ao Koovee incluír este deporte entre as modalidades do club polideportivo, ao que o Koovee accedeu.
A actividade do Koovee comezou cunha quenda de xeo semanal no que participaban tanto persoas adultas como nenas, nenos, mozas e mozos. Unha das primeiras iniciativas foi a creación dunha escola de bandy dirxida a nenas e nenos de entre 9 e 13 anos, na que poden aprender as habilidades da modalidade baixo a guía de adestradores profesionais.
A principios de novembro de 2022 o Koovee fíxose membro da Federación Finlandesa de Bandy, e a partir da tempada 2023-24 compite na Suomi-sarja masculina.
Terreo de xogo O Koovee realiza as súas actividades na pista de xeo artificial de Sorsapuisto, cunhas dimensións de 150x70 metros. O apoio da cidade fixo posible que a pista contara con valos axeitados entre finais de 2022 e principios de 2023.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Koovee Categoría:Equipos de bandy de Finlandia