Ulises Bértolo García, nado en Madrid en 1967, é un escritor, avogado e profesor español, residente en Santiago.

Traxectoria

Lienciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, é avogado en Santiago e Madrid, profesor de Dereito e académico de número da Academia Xacobea. Asesor do Instituto Internacional de Criminoloxía Aplicada, organizador do Congreso Internacional de Criminoloxía en colaboración coa Xunta de Galicia e a Academia Galega de Seguridade Pública.

Obras

La sustancia invisible de los cielos (2015). Espasa. 328 páxs. ISBN 9788467043464. Ignacio Pascal, un musicólogo que vive en París, investiga a un pianista, Jean Vanier, cuxo rastro se perdeu no tempo. Atoparao confinado nun mosteiro de Galicia. Orthodoxia. Cuando la muerte no es un número al azar (2016). Ed. Carena. 485 páxs. ISBN 9788416418992. Sandra Márquez, membro da Garda Civil da unidade de patrimonio histórico, investiga o asasinato dun funcionario no Mosteiro de Uclés (Cuenca). La Dama del Norte (2023). Planteta. 456 páxs. ISBN 9788408269267. Madrid, Marbella, Galicia e Colombia. Agochos, luxos e excesos, desde operacións multimillonarias ata o roubo de identidade, desde a persecución e a tortura ata a detención e o arresto. Exitus. La muerte nunca es el final (2025). Harpercollins. 400 páxs. ISBN 9788410643338. Elia Sandoval investiga a desaparción dunha muller en Madrid.

Libros colectivos

Crónica de un peregrino singular (2021). Mundiedicions. Epílogo el camino por andar (2021). Mundiediciones.

Premios e recoñecementos

Membro de número e primeiro vicepresidente da Academia Xacobea, adscrita á Xunta de Galicia. Membro do Comité Organizador e Científico do Primeiro Congreso Mundial da Academia Xacobea, presidido pola Súa Maxestade, Filipe VI. Membro da Real Orde de Cabaleiros do Mosteiro de Yuste. Medalla de Ouro ao Mérito Profesional do Instituto Internacional de Criminoloxía. Medalla da Asociación Histórica da Garda Civil. Gran Cruz dos Servizos Benéficos, Cívicos e Humanitarios pola Asociación para a Promoción dos Servizos Benéficos de Francia. 2023: Premio Lloret Negre de Literatura á mellor novela de xénero negro en castelan en 2023, por La Dama del Norte.

Notas

Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1967 Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Avogados de España