O tordo de cabeza cincenta (Turdus obscurus) é unha ave da familia Turdidae. Reprodúcese en bosques densos de coníferas e taiga desde Siberia e Mongolia ata o Xapón. É unha especie fortemente migratoria, que inverna no sur da China e sueste asiático. É unha ave vagante rara en Europa occidental.
Taxonomía Foi descrito formalmente en 1789 polo naturalista alemán Johann Friedrich Gmelin na súa edición revisada e ampliada do Systema Naturae de Carl Linné. Situouno cos tordos no xénero Turdus e acuñou para el o nome binomial Turdus obscurus. O seu nome científico procede do latín e significa 'tordo escuro'. Gmelin baseouse para a súa descrición no "Dark thrush" que fora descrito con ese nome en 1783 polo ornitólogo inglés John Latham na súa obra de varios volumes A General Synopsis of Birds. Latham sinalou que "esta é unha especie siberiana e atópase nos bosques alén do lago Baikal" mais non explicou a fonte da súa información. A especie é monotípica, é dicir, non se lle recoñece ningunha subespecie.
Descrición
É un bonito tordo, cun dorso e cabeza gris, cunha liña ocular negra bordeada de branco por arriba e abaixo. O peito e flancos son laranxa e a barriga branca. Os sexos son bastante similares, pero os inmaturos teñen un dorso máis marrón.
O macho canta unha canción asubiante simple, similar á da especie emparentada tordo visgueiro.
Comportamento Nidifica en árbores, pon de 4-6 ovos nun niño limpo. As aves en migración e as invernantes adoitan formar pequenas bandadas. É onmívoro, come unha ampla variedade de insectos, miñocas e bagas.
En 2007 un exemplar foi albiscado no Observatorio de Aves de Xerusalén en Xerusalén. Este é o segundo avistamento en Israel; despois doutro en Eilat en outubro de 1996.
En 2011, un exemplar foi avistado por primeira vez en Australia, preto de Malanda en Queensland.
Rexistro fósil En 2017, unha avaliación de paseriformes indonesios do Plistoceno tardío atopou un fósil desta especie.
Galería
Notas
Categoría:Túrdidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1789 Categoría:Taxons descritos por Johann Friedrich Gmelin