Jesús Lens Patiño, coñecido como Goriño, nado en Negreira cara a 1908 e finado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Albanel veciño de Logrosa. Presidente da Sociedad Obrera de Negreira.El Ideal Gallego, 22-3-1936, p. 2. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 30 de marzo xunto con Elena Suárez Suárez, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Juan Barros Manteiga e outros veciños de Negreira,El Compostelano, 30-3-1937, p. 2. foi condenado a pena de morte. Foi executado en Santiago de Compostela o 4 de xuño de 1937 xunto con Juan Barros Manteiga, Benjamín Troitiño Beiro, Ramón Pose Suárez, Manuel Fagín Páramos, José María Nieto Crego e Alfredo Paz Lemus.El Pueblo Gallego, 5-6-1937, p. 7. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en xuño de 1938.El Ideal Gallego, 10-6-1938, p. 3.BOE, 1-3-1940, p. 1094.

Notas

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Negreira

Categoría:Nados en 1908

Categoría:Finados en 1937