Astérix e Obélix: O combate dos xefes (en ) é unha serie de animación francesa creada por Alain Chabat, Benoît Oullion e Pierre-Alain Bloch, e dirixida por Chabat e Fabrice Joubert. Componse de 5 episodios e estreouse en Netflix o 30 de abril de 2025, onde conta con versión dobrada ao galego.

A serie adapta o álbum O combate dos xefes (1966) de René Goscinny e Albert Uderzo. A trama segue a indomable aldea gala mentres se enfronta a unha "Gran Loita" orquestrada polos romanos mentres o seu druída, Getafix, perde a cordura.

Personaxes Alain Chabat como Astérix e Twinpix Gilles Lellouche como Obélix Anaïs Demoustier como Metadata Laurent Lafitte como Xulio César Thierry Lhermitte como Getafix Grégoire Ludig como Vitalstatistix Géraldine Nakache como Impedimenta Grégory Gadebois como Cassius Ceramix Jean-Pascal Zadi como Potus Fred Testot como Fastanfurius e lexionario romano

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua francesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2025 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2025 Categoría:Series de televisión de Francia Categoría:Series de televisión con versión galega Categoría:Xabarín Club