Antonio Fernández del Riego, nado en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 14 de febreiro de 1914 e finado en Lugo o 5 de maio de 2008, foi un químico, farmacéutico e oceanógrafo galego, ademais de investigador e afeccionado á xeoloxía e á arqueoloxía prehistórica. Licenciado en Farmacia, foi catedrático de Química na Escola de Peritos Industriais (Enxeñería Técnica Industrial) de Vigo e oceanógrafo no Instituto Español de Oceanografía de Vigo.

Traxectoria

Formación

Completou o bacharelato universitario en Ciencias nos Escolapios de Monforte de Lemos, rematando en 1931. Obtivo na Universidade de Santiago de Compostela as licenciaturas de Farmacia (1936)El Compostelano, 10 de xuño de 1936 Universidade de Santiago de Compostela (USC), Licenciatura en Farmacia, Folio 56, Nº 131 (en AGA: Arquivo Xeral de Administración),e Ciencias(1942). USC, Licenciatura en Ciencias, USC curso académico 1942-43 Folio 6, n.º 3 (en A.G.A.) Colaborou 4 anos como axudante de laboratorio do catedrático de Química Inorgánica Ricardo Montequi na Facultade de Farmacia de Santiago de Compostela. Serviu no exército e na Guerra co Rexemento de Artillería Lixeira da Coruña, en Sevilla e Salamanca ata que lle asimilaron a Farmacéutico 3º e foi destinado sucesivamente ás prazas de Valladolid, Salamanca, Castellón e Valencia como Xefe de Servizos de Farmacia e Xefe de Farmacia dos Hospitais Militares. Arquivo persoal, Arquivo Xeral Militar de Segovia Despois da guerra fixou a súa residencia en Vigo en 1940, e rematou a carreira de Ciencias na USC.

Traxectoria profesional

Traballou como químico na fábrica de porcelana Santa Clara e impartiu clases en escolas privadas. Obtivo unha praza de axudante na Escola de Peritos Industriais de Vigo e gañou dúas oposicións consecutivas, converténdose en Axudante Numerario de Química BOE 311 de 07/11/1945 páx. 2847 e case inmediatamente catedráticoBOE 13 de 13/01/1946 páx. 394. Dirixiu a Farmacia Militar de Vigo e posteriormente exerceu como Director Técnico da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (COFANO).“La Noche” 28/03/1958. Artigo de Mezquita Tamén obtería postos de Axudante Meritorio de Escolas de Mestría Industrial.B.O.E. nº103 de 29/04/12964. Páx 5446

A comezos de 1946 ingresou no Instituto Español de Oceanografía de Vigo,O.M. do Ministerio de Mariña (D.O.nº54)de 07/02/1946 onde acadaría por oposición, anos máis tarde, o posto de Oceanógrafo. O.M. do Ministerio de Comercio do 4 de xaneiro de 1965 / B.O.E. Nº 11, do 3 de xaneiro de 1965 Levou a cabo interesantes traballos de investigación non supervisada, que foron publicados . Tamén contribuíu á rápida solución da intoxicación por alcohol metílico que se produciu desde finais de 1962 ata principios de 1963, realizando numerosas análises. Foi mentor do estudante francés de pos-grao Henri Nonn, axudándoo a continuar o seu traballo de tese doutoral nas Rías Baixas. Mentres traballaban nas Gándaras de Budiño (O Porriño) atoparon varios machados prehistóricos. Antonio contactou inmediatamente co bo amigo da familia Xosé María Álvarez Blázquez, delegado local de escavacións arqueolóxicas, para que decidise que facer. Como resultado, en 1963 Antonio acompañou e lle mostrou a Emiliano Aguirre a localización do xacemento para que puidese comezar a súa explotación. Atopáranse 651 ferramentas de cuarzo e cuarcita, así como 56 grandes pedras, algunha empregada como bigornia.Henri Nonn. Les régions côtières de la Galice (Espagne): étude géomorphologique. Faculté des Lettres de Strasbourg, 1966 Emiliano Aguirre. As Gándaras de Budiño (Escavacións no xacemento de ocupación mesopaleolítica). Madrid 1964 Antonio tamén traduciu, ao castelán o libro de Nina Epton "Uvas e granito" , posteriormente vertido ao galego por seu irmán Francisco.

Publicacións

Publicou numerosos traballos nos boletíns do IEO e na revista “Investigaciones Pesqueras”. Varios foron transcritas por revistas técnicas americanas. Tamén fixo un estudo para a FAO sobre aproveitamento de residuos de peixe, publicado en francés nos documentos técnicos da Conferencia Internacional de Istambul. Mantivo correspondencia técnica con científicos e institucións relevantes en relación co seu traballo. Cómpre mencionar ao profesor Selman Abraham Waksman (descubridor da estreptomicina), á Dirección da División Oceanográfica e do Instituto Hidrolóxico da Armada e á Dirección da Asociación de Xeólogos do Petróleo dos Estados Unidos, á Dirección do Servizo Hidrográfico da Armada de Francia, á Universidade de Estrasburgo, á de Pavía, á de Alexandría, á de California, á Axencia Federal de Pesca Hamburgo - Altona

Fernández del Riego, Antonio (1947). El fitoplancton y su evolución en el medio marino. Industrias Pesqueras, 479: 34-36. Fernández del Riego, Antonio (1948). La luz como factor operante en la vida de los animales marinos. Industrias Pesqueras, 503: 36-39. Fernández del Riego, Antonio (1948) . Iniciación al estudio de la variación estacional del valor alimenticio de la sardina (Sardina Pilchardus Walb.). Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195,12:1-15. Fernández del Riego, A (1949). Acción antibiótica de la mar. Industrias Pesqueras, 527-528, 35-37. Fernández del Riego, Antonio (1950). Régimen alimenticio de los organismos marinos. Industrias Pesqueras, 551-552, 44-49. Fernández del Riego, Antonio (1951). La sardina del Pacífico. Industrias Pesqueras, 575-576, 24-27. Fernández del Riego, Antonio (1951). Determinación del carbónico de los fondos de la ría de Vigo, cálculo del carbonato disuelto y consecuencias geológicas. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 44:1-17. Fernández del Riego, Antonio (1952). La materia orgánica de los fondos oceánicos. Industrias Pesqueras, 601-602, 64-69. (publicaciones 7,10,11 y 12) Fernández del Riego, Antonio (1954); Rodríguez de las Heras, A., Determinación colorimétrica de la alteración del pescado. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 65: 1-19. Fernández del Riego, Antonio (1956). El contenido en carbono orgánico en los sedimentos de la ría de Vigo. Algunos datos sobre la relación carbono-nitrógeno. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 78: 1-29. Fernández del Riego, Antonio (1957). Étude des Possibilités d´utilisation des déchets de Poisson en Espagne (en francés)_ Study of the possibilities of the utilisation of fish offal in Spain (en inglés). Débats et documents techniques. FAO, Rome, 4: 335-345 Fernández del Riego, Antonio (1958). Geognosia y geotectónica de la ría de Vigo. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 88: 1-19. Fernández del Riego, Antonio (1958). Las condiciones de estancamiento en mares interiores fiordos, bahías, y rías, con especial referencia a la de Vigo. Boletín del Instituto Español de Oceanografía 0074-0195, 89: 1-27. Fernández del Riego, Antonio (1958). El contenido de carbono orgánico, nitrógeno orgánico, fosforo, y hierro en los sedimentos de la ría de Vigo y sus variaciones en relación a la profundidad. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 92: 1-175. Fernández del Riego, Antonio (1962). El molibdeno en el plancton de la ría de Vigo. Algunas determinaciones de nitrógeno y fósforo: su relación, y contenido de materia orgánica y humedad. Boletín Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 108: 1-24. Fernández del Riego, Antonio (1963). Alteración de las sardinas refrigeradas con hielo. Estudio comparativa, según que el hielo esté o no previamente impregnado con tetraciclina. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 113: 1-23. Fernández del Riego, Antonio (1965). Determinación complexométrica indirecta de sulfatos en el Agua de mar. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 120: 1-13. Fernández del Riego, Antonio (1968). Determinación del arsénico en los organismos marinos. Bol. Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195 134: 1-16. Fernández del Riego, Antonio (1973). La distribución de la lignina en aguas de la ensenada de Lourizán, como medida de la contaminación a causa del vertido de lejías ligninsulfónicas, procedentes de la fabricación de pasta de celulosa. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 172: 1-38 Fernández del Riego, Antonio (1976). El contenido de azufre en los fondos de la ría de Marín y otras rías gallegas. Boletín del Instituto Español de Oceanografía, 0074-0195, 215: 3-22. Fernández del Riego, Antonio. Estado actual de la contaminación por detergentes aniónicos en las rías de la costa occidental de Galicia. Parte Primera. Rías de Arousa y Pontevedra. Trabajo inédito.Esta obra semella ser a última que preparou Antonio Fernández del Riego antes da súa xubilación. Presentou un orixinal para a súa publicación no IEO de Vigo, do que non consta que fose publicado. Consérvase unha copia bastante completa no arquivo familiar.

Vida familiar Antonio Fernández del Riego casou con Luisa Marcos Raña, coruñesa, licenciada en ciencias e catedrática pioneira en España en Ciencias experimentais en Escolas Técnicas. Tiveron catro fillos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Nonn, Henri. Les régions côtières de la Galice (Espagne): étude géomorphologique, 1966. Strasbourg. Pages. 8, 304, 536 (en francés) Nonn, Henri. Contribución al estudio de las playas antiguas de Galicia (España). Trabajos del Laboratorio Geológico de Lage. Instituto Geológico y Minero de España. Nº50. Versión española de E. Torre Enciso 1958. Págs.177,182 (en castelán) Butzer, Karl W. Geomorphology and Stratigraphy of the Paleolithic Site of Budiño (Pontevedra, Spain). Chicago 1967 (en inglés).Páxs. 95 y 102 y copia dedicada. Emiliano Aguirre. Las Gándaras de Budiño. Págs. 3 y 4 (en castelán) Vela Olmo, C.; Casado, S.; Lozano Soldevilla, G.; Lloris, D.; Acosta-Yepes, J., 100 años investigando el mar. El IEO en su centenario (1914-2014). 2014 (en castelán) González-Garcés Santiso, Alberto; Lens Lourido, Santiago; Tenreiro López, Uxía., Historia del Centro Oceanográfico de Vigo. Los primeros años: 1917-1974. Boletín del Instituto de Estudios Vigueses 2011, 16 (11), pag.143-206.(en castelán) Commercial Fisheries Review Vol 25 Nº.7(en inglés). Reseña publicación 14 de A. F del Riego La mitilicultura en Galicia: El pasado y el futuro de un "producto estrella" Los biólogos aseguran que el mejillón no causa la acumulación de lodo en las Rías. Faro de Vigo 19 jun 2014 (en castelán) Declaración de D. Ricardo Montequi Díaz de Plaza. Madrid 28/04/1967. (No arquivo da familia).(en galego) El Instituto Español de Oceanografía a través de las páginas de IP (I) - Opinión - Industrias Pesqueras Axuntamento de Vigo. Biface de San Mauro. Xacemento GA36057ACH-03.https://xmu.vigo.org/docs/pxom/Memorias/Tomo-VI/Fichas/Catalogo/C_003.pdf (en galego) Grial: revista galega de cultura, ISSN0017 -4181, Nª91, páxs. 64-70 Peregrinaxe á montaña: Nina Epton, Antonio Fernández del Riego, Francisco Fernández del Riego. (en galego) “Avanzos no coñecimento da xeomorfoloxía de Galicia”. Uxío Torre Enciso. Real Academia Galega: Discurso de recepción e resposta de Isidro Parga Pondal. 24/10/1970. Páxs.31, 43. (en galego)

Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 2008 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Oceanógrafos de Galicia Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Farmacéuticos de Galicia