Na selección natural, a selección negativa ou selección purificante é a eliminación selectiva de alelos que son daniños (deletéreos). Isto pode ter como resultado unha selección estabilizante por medio da purga de polimorfismos xenéticos daniños que se orixinan por mutacións aleatorias.

A purga de alelos daniños pode conseguirse no nivel da xenética de poboacións, sendo a unidade de selección unha soa mutación puntual. En tal caso, os portadores de mutuacións puntuais nocivas teñen menos descendencia en cada xeración, reducindo a frecuencia da mutación no acervo xénco.

No caso dunha forte selección negativa sobre un locus, a purga de variantes daniñas resultará na eliminación ocasional da variación ligada, producindo unha diminución no nivel de variación que rodea o locus que está baixo selección. A purga accidental de alelos non-daniños debido a esa proximidade espacial a alelos daniños denomínase selección de fondo (background selection). Este efecto increméntase con taxas de mutación menores pero diminúe con taxas de recombinación máis altas.

A selección purificante pode dividirse en purgante por apareamento non-aleatorio (apareamento selectivo) e purgante por deriva xenética. A purgante por deriva xenética pode eliminar principalmente alelos claramente recesivos, mentes que a selección natural pode eliminar calquera tipo de alelos daniños.

Selección negativa en tecidos diploides comparada cos haploides A idea de que os xenes dun organismo que se expresan no estadio haploide están sometidos a unha selección natural máis eficiente que os xenes que se expresan exclusivamente no estadio diploide denomínase “teoría do enmascaramento”. Esta teoría implica que a selección purificante é máis eficiente no estadio haploide do ciclo vital onde os efectos sobre a fitness se expresan máis plenamente que no estadio diploide. As probas que apoian a teoría do enmascaramento obtivéronse no lévedo unicelular Saccharomyces cerevisiae. Máis evidencias que apoian a teoría do enmascaramento en xenes específicos de tecidos haploides obtivéronse na planta Pinus sylvestris.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Apareamento selectivo Selección equilibrada Selección direccional Selección disruptiva Disxénica Selección flutuante Purga xenética Coinofilia Equilibrio mutación-selección Selección estabilizante

Categoría:Selección Categoría:Xenética clásica Categoría:Xenética de poboacións