Volk Gz é o nome artístico do rapeiro e produtor musical Lucas Conde Seijas, nado en Lugo en 1995.
Traxectoria
En 2014 comezou co grupo Tinta Rebelde, co que publicou o disco O home rebelde, inspirado no libro do mesmo nome de Albert Camus. En 2015 Volk Gz viuse somerxido nun proceso xudicial a raíz da canción titulada "Galicia Bilingüe", logo de que o denunciase Gloria Lago. En 2016 foi condenado a pagar unha multa por ameazas..
No ano 2020 adentrouse no mundo da produción como beatmaker. Desde entón publicou o álbum Entre muros e montes co Portughés (2022), 27003 Blues con Darius C (2022) e Vivir e morrer na Galiza con Dee Cee (2024).
Notas
Categoría:Nados en Lugo
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Rapeiros de Galicia Categoría:Produtores musicais Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes