Daniel 'Dani' Jiménez López, nado en Lebrija (Sevilla) o 5 de marzo de 1990, é un futbolista español que xoga como porteiro no Huesca, da Segunda División.
Traxectoria Nacido na localidade sevillana de Lebrija formouse nas canteiras do Club Atlético Antoniano e do Sevilla FC. Na tempada 2009/10 debutou co Sevilla C na Terceira División e ese mesmo ano estreouse tamén co Sevilla Atlético na Segunda División B.
En agosto de 2012 fichou polo Mirandés, da Segunda División, categoría na que debutou o 8 de xuño de 2013 contra o Sporting de Gijón.
Tras dous anos no Huesca, en 2015 recalou no Alcorcón, no que militou durante as seguintes seis tempadas e media, disputando 150 partidos oficiais.
A continuación pasou ao Leganés, co que conseguiu o ascenso á Primeira División en 2024. En xuño de 2024 volveu ao Huesca, co que asinou un contrato por dous anos.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na provincia de Sevilla Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Leganés Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do SD Huesca Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores do Sevilla Atlético