A avenida da Atlántida é unha vía urbana da cidade de Vigo. Constitúe, xunto coa avenida de Europa, unha das dúas principais vías que conectan o centro urbano coas praias de Samil e O Vao. Comeza na confluencia das rúas Paulino Freire, Camilo Veiga, Rocío e Tomás Paredes; e remata confluíndo coa avenida de Samil, á altura do Museo do Mar de Galicia. Durante un percorrido de 1,8 km percorre o o litoral sur da cidade olívica.

Toponimia A avenida da Atlántida non provén da illa mitolóxica descrita por Platón, senón por unha errada transcrición. Conceptualizada como unha gran vía que unise os barrios de Bouzas coas praias de Samil, inicialmente estaba previsto denominala Gran Vía Atlántica, tal como recollía o Plan Palacios do arquitecto porriñés, mais nun máis que probábel erro no rexistro, finalmente quedou co nome actual.

Edificios singulares miniatura|O pazo dos Escudos atópase ao comezo da avenida, na herdade Miramar.

Museo do Mar de Galicia. Nº 160. Pazo de Sensat ou pazo dos Escudos. Nº 106. Igrexa de Santa Baia de Alcabre. S/N. Antiga igrexa de estilo barroco de planta de cruz latina e ábsida cadrada e lixeiramente elevada respecto ao resto da construción.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Atlántida Praia de Samil

Atlántida