Jabiru mycteria é unha especie de cegoña grande que vive en América desde México a Arxentina, agás ao oeste dos Andes. Ás veces pode chegar divagante ata Texas ou mesmo a Mississippi, Oklahoma e Louisiana. É máis común nas rexións do Pantanal do Brasil e do Chaco Oriental de Paraguai. É o único membro do xénero Jabiru.
Nome O nome do xénero, Jabiru, procede do tupí-guaraní e significa "pescozo inchado". O nome específico, mycteria, vén do grego antigo μυκτηρ/muktēr, que significa "fociño" ou "nariz". No Brasil, ademais do nome jabiru e jaburu (que tamén se lle dá ás veces a Mycteria americana) ten outros como tuiuiú, tuiuguaçu, tuiú-quarteleiro, tuiupara, rei-dos-tuinins, tuim-de-papo-vermelho e cauauá. Nos países de fala hispana onde vive recibe os nomes de jabirú, tuyuyú ou jabirú americano.Bernis, F; De Juana, E; Del Hoyo, J; Fernández-Cruz, M; Ferrer, X; Sáez-Royuela, R; Sargatal, J (1994). «Nombres en castellano de las aves del mundo recomendados por la Sociedad Española de Ornitología (Primera parte: Struthioniformes-Anseriformes)». Ardeola. Handbook of the Birds of the World (Madrid: SEO/BirdLife) 41 (1): 79-89. ISSN 0570-7358. Consultado el 21 de marzo de 2013. Nunha obra lexicolóxica galega propúxose para esta cegoña o nome xabirú americano.A Chave (2024). Os nomes galegos das aves (5ª ed.). A Chave. Páxina 195.
Taxonomía Hinrich Lichtenstein describiu esta especie en 1819. O xénero Ephippiorhynchus, coas especies E. asiaticus (de Asia) e E. senegalensis (de África), crese que é o xénero vivo máis estreitamente emparentado, o que indica unha orixe da especie no Vello Mundo.Hancock & Kushan, Storks, Ibises and Spoonbills of the World. Princeton University Press (1992),
O xénero proposto de cegoñas fósiles do Plistoceno tardío Prociconia do Brasil podería en realidade pertencer a Jabiru. Unha especie fósil de Jabiru atopouse na Formación Codore do Plioceno temperán preto de Urumaco, Venezuela, e denominouse Jabiru codorensis.
Descrición
É a ave voadora máis alta de América do Sur e Central, e a miúdo ten unha altura case igual que a da ave non voadora e moito máis pesada Rhea americana (un ñandú). Tamén é a ave coa segunda envergadura máis grande de América, só superada polo cóndor andino (e excluíndo unha ave marítima como o albatros Diomedea exulans, que ocasionalmente se pode atopar na costa de América do Sur). O J. mycteria adulto ten 120–140 cm de longo, 2,3–2,8 m de envergadura e 4,3-9 kg de peso. O dimorfismo sexual é grande, posiblemente o maior entre todas as cegoñas, xa que os machos son un 25 % máis grandes que as femias. Os machos pesan como media 6,89 kg, mentres que nas femias a media é de 5,22 kg.CRC Handbook of Avian Body Masses, 2nd Edition by John B. Dunning Jr. (Editor). CRC Press (2008), . Os machos grandes poden ter unha altura de 1,53 m. O peteiro, que mide 25-35 cm, é negro e ancho, lixeiramente curvado cara arriba, e acabado nun extremo agudo. Entre outras medidas estándar, a cola mide 20-25 cm, o tarso mide 28,5-39 cm de longo e a corda máxima alar mide 58,5-73 cm. A plumaxe é principalmente branca, pero a cabeza e parte superior do pescozo non teñen plumas e son negras, cunha área vermella elástica tamén sen plumas na base. Os sexos teñen aparencia similar, pero en tamaño o macho é maior, o cal se percibe claramente cando os dous sexos están xuntos. Aínda que dá a impresión de ser un animal torpe ou desamañado en terra, é unha ave poderosa e grácil en voo.
Historia vital Alimentación Vive en grandes grupos preto de ríos e come grandes cantidades de ras, peixes, cobras, caracois, insectos, e outros invertebrados. Mesmo come prea fresca e peixes mortos, como os que morren durante as secas e así axuda a manter a calidade dos corpos illados de auga que se forman. Aliméntanse en bandadas e usualmente procuran a comida vadeando en zonas de pouco fondo. Detectan as presas máis pola sensación táctil que pola visión. Aliméntanse mantendo o peteiro aberto nun ángulo de 45 graos dentro da auga. Cando toman contacto cunha presa, pechan rápido o peteiro, sácano da auga, e botan a cabeza para atrás para tragala.ADW- Jabiru mycteria- Information (2011). Os peixes duns 8-20 cm son os máis capturados, aínda que tamén poden pescar outros maiores de ata polo menos 500 g e anguías de ata 80 cm.Del Hoyo, Josep, et al. Handbook of the birds of the world. Vol. 1. No. 8. Barcelona: Lynx edicions, 1992. Aliméntanse de forma oportunista. Nun caso, cando se produciu unha explosión na poboación de ratos domésticos nunha área agrícola, podían verse varios centos de espécimes desta aves en cada campo alimentándose deses roedores (o que é pouco común para un paxaro que raramente se ve concentrado en grandes grupos). En raras ocasión, víronse intentando cleptoparasitar (roubar comida) ás dúas cegoñas máis pequenas que conviven no seu hábitat, que son Mycteria americana e Ciconia maguari.
Reprodución miniatura|Adulto con polos no niño.
Aniñan en solitario, constrúen plataformas de nidificación masivas que se usan repetidamente en tempadas sucesivas. A diferenza doutras cegoñas, estas especies vense a miúdo en pares na tempada non reprodutora, suxerindo unha ligazón entre a parella que dura toda a vida. Ambos os membros da parella constrúen o seu niño de pauciños contra os meses de agosto-setembro (no hemisferio sur) en árbores altas, e amplíano en cada tempada sucesiva, e chega a crecer ata varios metros en diámetro. Os niños adoitan ser máis profundos que largos; e poden ser de ata 1 m de largo e 1,8 m de profundidade. Poden construír media ducia de niños próximos entre si, ás veces entre niños de garzas e outras aves. Ambos os proxenitores chocan por quendas a posta de ovos, que é de dous a cinco ovos brancos e son máis territoriais do habitual contra outros da súa especie durante o período reprodutor. Os mapaches e outras cegoñas (incluíndo a súa propia especie) son predadores ocasionais dos seus ovos, mais a maioría dos predadores de niños parecen evitar estas aves de enorme peteiro e non se coñecen predadores de espécimes adultos sans. Aínda que as crías empluman aos 110 días de idade, a miúdo pasan outros 3 meses ao coidado dos seus pais. Debido a este gran período de tempo que pasan criando, as parellas teñen dificultade a volver a criar no ano seguinte. Menos da metade das parellas activas nunha tempada son activas na tempada seguinte. Soamente o 25 % das parellas que tiveron éxito na reprodución, téñeno tamén na seguinte tempada. A media da esperanza de vida desta especie é de 36 anos. Teñen un número diploide de cromosomas de 2n = 56.
Conservación
É unha especie moi espallada xeograficamente pero que non é abundante en ningunha área. A IUCN considera que é unha especie en situación "pouco preocupante" de conservación, o cal é unha mellora respecto do seu estado anterior de especie "case ameazada", en 1988.BirdLife International (2021). "Jabiru mycteria". IUCN Red List of Threatened Species. 2021: e.T22697710A163624043. doi:10.2305/IUCN.UK.2021-3.RLTS.T22697710A163624043.en. Consultado o 20 de febreiro de 2022. É especie protexida e Belize desde 1973. Desde entón, a súa poboación nese país aumentou lentamente. Está protexida pola Lei de Aves Migratorias dos Estados Unidos.
Galería
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Vídeodocumental Saúde Animal: Jaburu ou tuiuiú: Espécie animal brasileiro ameaçado de extinção [en portugués]. Consultado o 6 de decembro de 2006. Selos de correos (de nove países) con mapas de distribución
Photo-High Res; Artigo borderland-tours
Categoría:Ciconiformes Categoría:Animais descritos en 1819