O termo Carcamán pode referirse a:
Mitoloxía Carcamán, na mitoloxía galega, unha raza de xigantes ou seres mitolóxicos relacionados, segundo a lenda, coa navegación, a piratería ou outras ocupacións, oriúndos da Illa de Arousa. Por extensión, xentilicio dos arousáns.
Cultura
"A cova dos carcamáns", conto incluído en Cousas de Castelao.
Carcamáns, filme documental de Marcos Nine sobre a resposta na Arousa ao naufraxio do Prestige.
Karkamán, un grupo arxentino de hard-rock.
Deporte
Peña Carcamáns ou Carcamáns Celestes, tamén escrito Carcamäns, a maior peña do Celta de Vigo, con sede na Illa de Arousa.
Outras acepcións Carcamán, un termo utilizado en Galiza para referirse a un barco grande e pesado, así como metaforicamente a persoas preguiceiras ou vellas. Carcamano, un termo pexorativo utilizado no Brasil para designar aos inmigrantes italianos. Carcamán, Karkaman e Carkman, apelidos naturais de diversos países.
Lugares
Peirao dos carcamáns e praia dos carcamáns na Arousa. Enseada dos Carcamáns en Bueu.
Plaza de los Carcamanes, unha praza en Guanajuato, México, coñecida pola súa conexión co apelido histórico Karkaman, que deu lugar a unha tráxica lenda local.
Categoría:Homónimos