Johannes Carl Andersen, nado en Hedensted, Dinamarca, o 14 de marzo de 1873 e finado en Auckland, Nova Zelandia, o 19 de xuño de 1962, foi un poeta, etnólogo, numismático, bibliotecario, editor e historiador neozelandés de orixe dinamarquesa.
Traxectoria
Primeiros anos e formación Johannes Carl Andersen naceu o 14 de marzo de 1873 en Klakring, unha vila da Xutlandia central danesa posteriormente rebautizada como Hedensted. Era o segundo fillo de Johanne Marie Hansen (1846-1905)"Johanna Maria Hansen Andersen". Findagrave.com e do reloxeiro Jørgen Andersen (1846-1926),"Jorgen Anderson". Findagrave.com e a familia emigrou a Lyttelton, Nova Zelandia, cando el tiña apenas ano e medio, en outubro de 1874.Gibbons, P. J. (1966). "Johannes Carl Andersen Poems". Mypoeticside.com
Ao pouco de chegar a Nova Zelandia, a familia instalouse en Christchurch, localidade na que Johannes Carl cursou os seus estudos, na Papanui School.
Carreira profesional e como erudito En marzo de 1887 comezou a traballar na oficina do Departamento de Terras e Agrimensura en Christchurch, onde permaneceu durante 28 anos."Johannes Carl Andersen, 1873-1962". En Turnbull Library Record. Vol. XV. 1 de novembro de 1962. Páxina 18.
Desde a súa xuventude cultivou a poesía, e a finais da década de 1890 e principios da de 1900 publicou poemas en diversos xornais e revistas de Nova Zelandia. Mantivo correspondencia con intelectuais estranxeiros e en 1903 publicou unha colleita dos seus poemas baixo o título de Songs unsung. En 1928, Cambridge University Press publicou The laws of verse ("As leis do verso"), como resultado dos traballos de Andersen sobre prosodia. Tamén se fixo traducións literarias, entre elas unha versión inglesa da epopea dinamarquesa Hrolf Krake, de Adam Oehlenschläger.
Incorporou ás súas obras temas locais e interesouse na súa obra especialmente pola cultura e a mitoloxía tradicionais maorís.Powell, C.; Amaama, S. (2023). "Exploring connections: Reviewing aspects of Te Papa's historical South African Collection". En Tuhinga: Records of the Museum of New Zealand te Papa Tongarewa. Nº 34. Páxinas 75-86. En 1907 publicou en prosa o compendio de tradicións Maori life in Ao-tea ("A vida maorí en Ao-tea"), que o consagrou como unha autoridade na cultura maorí. Foi o gañador dun concurso de Australasia por unha oda súa composta para a inauguración da Exposición Internacional de Nova Zelandia celebrada en Christchurch en 1906-1907.
En 1915 trasladouse a Wellington cando foi nomeado axudante na Biblioteca da Asemblea Xeral de Nova Zelandia. A residencia na capital implicou un aumento das súas relacións sociais e do contacto coa intelectualidade, sinaladamente coa súa vinculación á Sociedade Filosófica de Wellington. Nese momento, a súa reputación literaria levouno a recibir a encarga de compilar a monumental Jubilee history of South Canterbury (1916), e tamén investigou a orixe e o significado da toponimia maorí e pakeha, o que deu lugar á publicación en 1927 de Place names of Banks Peninsula ("Nomes de lugar da península de Banks"). En 1924 foi nomeado membro do Consello Xeográfico Honorario de Nova Zelandia, onde emitiu ditames sobre a forma correcta de topónimos neozelandeses.
miniatura|381x381px|esquerda|Escola de verán para profesores de Nova Zelandia, New Plymouth, 1930 (Andersen á esquerda)."Group including Johannes Carl Andersen". National Library Wellington (Natlib.govt.nz).
Dirixiu a prestixiosa revista científica Transactions entre 1920 e 1929, e en 1923 foi elixido membro do Instituto Neozelandés. Tamén participou en catro expedicións etnolóxicas do Dominion Museum entre 1919 e 1923, nas que tomou contacto coas comunidades maorís e fixo estudos sobre a súa artesanía e unhas rudimentarias gravacións de música tradicional.Ngata, W.; Hakiwai, A.; Salmond, A.; et al. (2021). Treasures for the Rising Generation: The Dominion Museum Ethnological Expeditions 1919-1923. Te Papa Press. Páxinas 1-368. ISBN 978-0-9951031-0-8 Froito destas experiencias publicou varios artigos, así como as monografías Maori string figures ("Figuras de corda maorís") (1927) e Maori music with its Polynesian background ("Música maorí con orixe polinesia") (1934).
Andersen interesouse tamén pola natureza autóctona e en 1926 publicou un libro, Bird-song and New Zealand song birds ("O canto dos paxaros e as aves cantoras de Nova Zelandia"), no que presentou os cantos das aves en notación musical convencional. Outro motivo de interese dos estudos de Andersen foi a botánica neozelandesa. A nomenclatura estandarizada para autor "Andersen" en bibliografía botánica refírese a el."Andersen - Johannes Carl Andersen (1873-1962)". International Plant Names Index (IPNI.org).
Andersen foi membro da Sociedade Polinesia, e en 1925 converteuse en coeditor do seu órgano de expresión, o Journal of the Polynesian Society, e continuou como editor único a partir de 1931. Tamén foi o primeiro bibliotecario da Biblioteca Alexander Turnbull, a colección neozelandesa máis importante de fondos manuscritos e impresos, entre 1919 e 1937. En 1935 foi recoñecido. Polos seus servizos en favor da cultura do seu país foi recoñecido como membro da Orde do Imperio Británico."No. 34166". The London Gazette (suplemento). 3 de xuño de 1935. Páxina 3.610.
Ademais das súas publicacións acerca dos seus temas de interese, Andersen exercía adoito como conferenciante en colexios, entidades culturais e, sinaladamente, nas escolas de verán para profesores.miniatura|340x340px|Asistentes á Conferencia da Asociación de Bibliotecas de Nova Zelandia de 1937 en Wellington, fotografados na escalinata do Parlamento por S. P. Andrew (Andersen é o sétimo pola esquerda na segunda liña).
Andersen xubilouse do seu posto como bibliotecario da Biblioteca Turnbull en 1937, e en 1946 pasou a residir en Auckland. O cesamento das súas obrigas laborais permitiulle dedicar máis tempo aos seus intereses intelectuais. Seguiu escribindo artigos e monografías, dando conferencias e facendo investigacións, e prestou máis dedicación á Sociedade Polinesia. Ata finais da década de 1950 fixo ademais frecuentes viaxes a Wellington para asistir ás reunións da Xunta Xeográfica de Nova Zelandia e da Xunta do Fondo para Fins Maorís. Nesta época foi presidente, ademais, de entidades como a Sociedade de Ex libris de Nova Zelandia, a Sociedade Anglo-Danesa de Nova Zelandia e a Real Sociedade Numismática de Nova Zelandia (1939-1945), e formou parte do comité de xestión do Dominion Museum. En 1948 foi nomeado Cabaleiro de Dannebrog polo Rei de Dinamarca.
Vida persoal Na súa xuventude, Andersen tivo unha vida social moi activa e mesmo acadou premios en actividades como o tenis, a ximnasia e o xadrez. Na década de 1890 coñeceu a Catherine Ann McHaffie (1870-1957),"Catherine Ann McHaffie Andersen". Findagrave.com profesora da Escola Normal de Christchurch,Garner, J. (1966). "Catherine Ann Andersen". En Dictionary of New Zealand Biography (Te Ara: the Encyclopedia of New Zealand). coa que casou, nesa mesma cidade, o 9 de maio de 1900. O matrimonio tivo dous fillos: Laurence e Hrolf.
Xunto coa súa muller, Anderson pasaba as súas vacacións estivais na illa Kapiti e a principios da década de 1930 adquiriu unha casa en Point Howard, no porto de Wellington; en ambos os casos, gozaba do contacto coa natureza, o que lle serviu como base para varios dos seus traballos sobre botánica e ornitoloxía.
A finais da década de 1950, as súas actividades e as súas viaxes víronse limitadas polo seu debilitamento físico. Logo do falecemento da súa esposa en 1957, pasou a vivir co seu fillo máis novo. Johannes Carl Andersen finou en Mount Albert, o suburbio de Auckland onde residía, o 19 de xuño de 1962, e foi incinerado no cemiterio e crematorio de Purewa, Auckland."Johannes Carl Andersen". Findagrave.com
Recoñecementos
1935: membro da Orde do Imperio Británico. 1944: medalla e premio Hector Memorial, da Real Sociedade de Nova Zelandia, pola súa contribución á antropoloxía neozelandesa. 1948: Cabaleiro de Dannebrog, nomeado polo rei de Dinamarca.
Publicacións miniatura|Portada de Bird-song and New Zealand Song Birds (1926). Johannes Carl Andersen foi autor de arredor de 30 traballos monográficos e opúsculos. Esta é unha escolma dos máis salientables da súa traxectoria:"Johannes Carl Andersen". Books.google.es
(1903) Songs unsung. Whitcombe & Tombs, Auckland. (1907) Maori life in Ao-tea. Whitcombe & Tombs, Auckland. (1916) Jubilee history of South Canterbury. Whitcombe & Tombs, Auckland. (1924) Maori tales. Whitcombe & Tombs, Auckland. (1926) Bird-song and New Zealand song birds. Whitcombe & Tombs, Auckland. (1927) New Zealand tales and translations from the Danish. Ferguson & Osborn, Wellington. (1927) Place names of Banks Peninsula. NZ Board of Science and Art, Wellington. (1927) Maori string figures. Board of Maori Ethnological Research, Wellington. (1928) The laws of verse. Cambridge University Press, Cambridge. (1928) Myths & legends of the Polynesians. G.G. Harrap. (1934) Maori music with its Polynesian background. Thomas Avery & Sons (1936) The lure of New Zealand book collecting. Whitcombe and Tombs. (1936) Tura and the fairies and the overworlds and Tu (from Maori legendary lore). L. T. Walkins, Wellington. (1944) Songs for the N.Z. Anglo-Danish Society. (1946) Polynesian literature: Māori poetry (waiata and tangi). J. C. Andersen. (1948) The Māori tohunga and his spirit world. Thomas Avery, New Plymouth. (1949) Old Christchurch in picture and story. Simpson & Wiljiams, Christchurch. (1951) The tui-cymbalist and other verses. Phoenix Printing Company, Wellington. (1953) Insect Watching. A.H. & A.W. Reed, Wellington. (1956) The Mair family. Wellington.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gibbons, P. J. (1966). "Andersen, Johannes Carl". En Dictionary of New Zealand Biography (Te Ara: the Encyclopedia of New Zealand). Gibbons, P. J. (1985). Johannes C. Andersen and Catherine Andersen. Hamilton, 1985. Petersen, G. C. (1961). Who's Who in New Zealand (7ª ed). AH & AW Reed. Taylor, C. R. H. (1966). "Andersen, Johannes Carl". En An encylopaedia of New Zealand. A. H. McLintock, Wellington.
Categoría:Nados en 1873 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Nados na rexión de Midtjylland Categoría:Numismáticos de Nova Zelandia Categoría:Historiadores de Nova Zelandia Categoría:Escritores de Nova Zelandia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Etnólogos Categoría:Editores Categoría:Neozelandeses de ascendencia dinamarquesa Categoría:Orde do Imperio Británico