Sierra de Segura é o nome dunha comarca das dez que ten a provincia de Xaén, en España. Integrada dentro do parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, atópase situada no extremo nordeste da provincia, e limita coas provincias de Albacete, Cidade Real e Granada.

A comarca conta cunha poboación de 22 928 habitantes (INE 2022), ten unha superficie de 1 931 km² e unha densidade de poboación de 11,87 hab/km². O seu territorio constitúe un 67,3% do parque Natural das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, que coas súas 214 300 ha, é o espazo protexido máis extenso de España e o segundo de Europa. A Sierra de Segura achega ao parque natural 143 346 ha.http://www.sierradesegura.com/index.php?option=com_content&view=article&id=55&Itemid=69

Concellos A comarca de Sierra de Segura componse dos seguintes concellos:Mapa de comarcas de Andalucía. Listaxe comarcal definida pola Consellaría de Turismo e Deporte da Xunta de Andalucía Arroyo del Ojanco Beas de Segura Benatae Génave Hornos La Puerta de Segura Orcera    Puente de Génave Santiago-Pontones Segura de la Sierra Siles Torres de Albanchez Villarrodrigo

Demografía

Notas

Categoría:Comarcas da provincia de Xaén