As enchentes en España en 2024, tamén coñecidas como gota fría, DINA de 2024 en España ou DINA de Valencia, son as denominacións outorgadas á gota fría ou DINA que comezou o 29 de outubro de 2024 en España. A tormenta, designada meteoroloxicamente como sistema convectivo de mesoescala, provocou chuvias torrenciais que acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu o desbordamento de varios ríos e barrancos na vertente mediterránea e unha serie de enchentes lóstrego que foron especialmente catastróficas na provincia de Valencia. Segundo datos do 21 de decembro de 2024, a cifra de falecidos ascendía a cando menos 231 persoas, das cales 223 foron na provincia de Valencia, 7 Castela-A Mancha e 1 en Andalucía. ademais de numerosos danos materiais, polo que se considera unha das peores catástrofes naturais na historia de España tralas riadas do Vallès Occidental de 1962.miniatura|Informe situacional do Centro de Coordinación da Resposta a Emerxencias.|esquerdaA DINA tamén afectou con menor intensidade as provincias de Albacete, Cuenca, Almería, Málaga, Córdoba, Sevilla, Huelva, Cádiz, Zaragoza e Teruel. O novo leito do río Turia, construído en execución do denominado Plan Sur trala gran riada de 1957, evitou que a cidade de Valencia ficase anegada, conseguindo canalizar con éxito toda a auga cara ao mar sen rebordar. Porén, as localidades situadas ao sur da capital víronse asolagadas polo desbordamento da rambla do Poio, así como a causa de que ao ser zonas altamente urbanizadas se xerase nalgunhas delas un efecto funil que impediu desaugar os torrentes cara a lagoa da Albufeira. As chuvias acumularon arredor de 500 milímetros (l/m2) nalgúns puntos, o que produciu enchentes lóstrego. Todas as localidades da comarca da Horta Sud resultaron anegadas, así como boa parte das do Camp de Túria e Plana d'Utiel.

Impacto Concellos afectados miniatura|dereita|300px|Efectos da DINA en Catarroja. miniatura|dereita|300px|Barranco do Poio en Catarroja despois da DINA. A 21 de decembro de 2024, os concellos afectados por este episodio de gota fría son oficialmente: 78 municipios (75 na provincia de Valencia, 2 en Castela-A Mancha e 1 en Andalucía). Porén, moitos outros concellos, e doutras provincias, tamén se viron afectados de diferentes maneiras.

O 6 de novembro de 2024 publicouse no Boletín Oficial do Estado (BOE) o Real Decreto-lei 6/2024, de 5 de novembro, polo que se adoptan medidas urxentes de resposta ante os danos causados pola DINA, incluíndo ao final un ANEXO coa listaxe oficial de concellos afectados pola DINA entre o 28 de outubro e o 4 de novembro de 2024. Entre paréntese indícase o número de falecementos en cada concello, de acordo á análise realizada polo Centro de Integración de Datos constituído pola DINA e publicado o 14 de novembro de 2024 polo Consello Xeral do Poder Xudicial.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Inundación

Categoría:Inundacións Categoría:Historia de Valencia Categoría:2024 en España Categoría:Desastres naturais en España