Francisco Mañach Couceiro, nado na Coruña en 1861 e finado na mesma cidade o 8 de abril de 1916, foi un comerciante, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Irmán de Eugenio Mañach. Estudou maxisterio na Coruña e Filosofía na Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou no Diario de Avisos. Emigou a Buenos Aires en 1884, dedicándose á ensinanza. En 1893 trasladouse á Habana e traballou no Centro General de Negocios de Cuba. Coa Guerra hispano-estadounidense volveu a Arxentina. Dirixiu o periódico La Cruz en Tucumán e despois foi director propietario da Academia Comercial de Mendoza.Galicia, 15-9-1907, p. 7-8. Finalmente instalouse en Rosario. Colaborou en Nova Galicia e El Eco de Galicia e publicou algúns poemas en galego na prensa. É autor do libro Concepción Arenal. La mujer más grande del siglo XIX. Retornou a Galicia en 1910.Nova Galicia, 6-3-1910, p. 3. Finou na Coruña o 8 de abril de 1916.La Voz de Galicia, 9-4-1916, p. 1, 2.

Obras Concepción Arenal. La mujer más grande del siglo XIX, Buenos Aires, 1907.Obras en Galiciana Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha na Biblioteca Virtual de Polígrafos Mencións a Francisco Mañach

Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Xornalistas da Coruña

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Coruña

Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1916