Ivan Lendl, nado en Ostrava o 7 de marzo de 1960, é un extenista profesional e adestrador checo nacionalizado estadounidense aos 32 anos.

Estivo na primeira posición da clasificación ATP durante 270 semanas (só por detrás de Roger Federer, Novak Djokovic e Pete Sampras). Finalizou 4 tempadas como o mellor, 9 veces entre os 3 mellores, e 13 tempadas entre os Top 10 da clasificación. Está quinto en cantidade de vitorias no tour profesional con 1071, por detrás de Jimmy Connors, Roger Federer, Novak Djokovic e Rafael Nadal e cuarto en cantidade de torneos gañados con 94, só superado polos mesmos Connors, Federer e Novak Djokovic. Obtivo 8 torneos de Grand Slam, 5 Torneos de fin de tempada, e 22 torneos Grand Prix Super Series (actuais Masters 1000). Por todos estes logros, Lendl está considerado entre os mellores tenistas de todos os tempos.

Gañou oito torneos individuais de Grand Slam: o Aberto dos Estados Unidos de 1985, 1986 e 1987, o Torneo de Roland Garros de 1984, 1986 e 1987, e o Aberto de Australia de 1989 e 1990. Algo que nunca puido conseguir é gañar o Campionato de Wimbledon, onde foi finalista en 1986 e 1987, polo que nunca puido completar o Grand Slam. Acumulou un total de 19 finais e 28 semifinais, o que o sitúa cuarto en ambos os historiais da era aberta.

Lendl obtivo 22 títulos e 33 finais de Grand Prix Championship Series, situándose cuarto en ambos os historiais. Destácanse seis títulos no Masters do Canadá, converténdoo no xogador con máis títulos do mencionado torneo. Á súa vez, gañou cinco veces o Masters Grand Prix e foi finalista catro veces. Tamén triunfou na final de WCT de 1982 e 1985.

Traxectoria Naceu no seo dunha familia de tenistas. A súa nai chegou a ser a tenista número 2 do seu país.

Lendl converteuse en profesional en 1978. Mudouse aos Estados Unidos en 1986 tras ser ameazado publicamente pola asociación de tenis do seu país de non deixalo viaxar a participar en torneos no exterior, por participar no torneo de Sun City, Suráfrica. En 1992 converteuse en cidadán estadounidense.

Casou en 1989 con Samantha Frenkel e tiveron cinco fillas: Marika, as xemelgas Isabelle e Caroline, Daniela e Nikola. Tras o seu retiro dedicouse a xogar ao golf e a axudar ás súas fillas a practicalo, deporte no que as súas fillas demostraron ter gran potencial para triunfar no mundo profesional.

Tenista esquerda|miniatura|301x301px|Ivan Lendl na final do torneo mundial de tenis ABN de 1984 en Róterdan. Lendl alcanzou notoriedade a temperá idade. En 1978 conquistou os títulos júniors de Roland Garros e Wimbledon e alcanzou a posición de N 1, algo que lograría logo como profesional.

Alcanzou a posición número 1 do escalafón mundial o 28 de febreiro de 1983, e só a perdeu nalgunhas ocasións, até finalmente deixala en 1990. Mantívose un total de 270 semanas no máis alto, excedendo a marca de Jimmy Connors, e superado tan só por Pete Sampras. En 2010 tamén Roger Federer o superou en número de semanas á fronte do ATP.

Lendl gañou 94 títulos en individuais durante a súa carreira: 8 Grand Slam, 5 Master Grand Prix e outros 81 torneos ATP.

Lendl gañara a Copa Davis de 1980 con Checoslovaquia, pero catro anos máis tarde mudouse a Nova York e deixou de xogar este torneo. En 1992 converteuse en cidadán dos Estados Unidos.

Dise que unha das razóns do seu éxito débese á superficie utilizada nas canchas do "Flushing Meadows Park". Os traballadores que cada ano preparan a superficie son os mesmos que o fan na casa de Lendl en Long Island. Desta forma, Lendl obtén unha copia exacta na súa propia cancha.

A actitude profesional de Lendl, o seu moderno estilo de xogo, os seus métodos de adestramento científicos e o seu éxito sen precedentes a longo prazo produciron un impacto considerable no tenis mundial de hoxe. Unha cita típica de Lendl é: "Se non practicase da forma en que o fago, entón non xogaría da maneira que sei que podo facelo".

Con isto dito, o checo retirouse cun historial de partidos 1069-242, o que significou un 81.5% en porcentaxe de vitorias; do mesmo xeito, acumulou un 390-83 en dura, 329-77 en arxila, 81-27 en céspede e 269-55 en moqueta; así mesmo, posúe historiais favorables contra 349 xogadores e gañoulle polo menos unha vez a 381 tenistas. Do mesmo xeito, é importante acoutar que gañou 95 veces a xogadores situados no top-5, cifra superior á de Rafael Nadal que acumulou 93. Así mesmo, alcanzou 44 vitorias consecutivas desde o 29 de setembro de 1981 no Torneo de Madrid fronte a Gabriel Urpi até a súa derrota fronte a Yannick Noah na final do torneo da Quinta o 15 de febreiro de 1982, superando a outros ilustres como Novak Djokovic con 43; Roger Federer con 41; Jimmy Connors con 37; Thomas Muster con 35; o propio Nadal con 32; e o seu antigo alumno Andy Murray con 28.

Outras actividades Despois de finalizar a súa carreira no tenis en 1994, dedicouse a xogar ao golf, tendo un hándicap de 0. En 2004 organizou un torneo de beneficencia chamado Ivan Lendl Celebrity Golf Tournament.

En xaneiro de 2012, converteuse en adestrador de Andy Murray. O británico perdera as súas primeiras catro finais de Grand Slam. Logrou o seu primeiro Grand Slam o cal, de logralo, sería aos seus 24 anos á mesma idade en que Lendl logrou o seu primeiro torneo grande. Murray obtivo o Aberto dos Estados Unidos 2012 e o Campionato de Wimbledon 2013. Lendl deixou de ser o seu adestrador en marzo de 2014.

Torneos

Vitorias (8) AnoTorneoAdversario na finalScore1984Roland-Garros John McEnroe3-6, 2-6, 6-4, 7-5, 7-51985US Open John McEnroe7-6, 6-3, 6-41986Roland-GarrosMikael Pernfors6-3, 6-2, 6-41986US Open Miloslav Mečíř6-4, 6-2, 6-01987Roland-Garros  Mats Wilander7-5, 6-2, 3-6, 7-61987US Open Mats Wilander6-7, 6-0, 7-6, 6-41989Open de AustraliaMiloslav Mečíř6-2, 6-2, 6-21990Open de AustraliaStefan Edberg4-6, 7-6, 5-2, ab.

Finais (11) AnoTorneoAdversario na finalScore1981Roland-GarrosBjörn Borg6-1, 4-6, 6-2, 3-6, 6-11982US OpenJimmy Connors6-3, 6-2, 4-6, 6-41983US Open Jimmy Connors6-3, 6-7, 7-5, 6-01983Open de AustraliaMats Wilander6-1, 6-4, 6-41984US Open John McEnroe6-3, 6-4, 6-11985Roland-Garros Mats Wilander3-6, 6-4, 6-2, 6-21986WimbledonBoris Becker6-4, 6-3, 7-51987Wimbledon Pat Cash7-6, 6-2, 7-51988US Open Mats Wilander6-4, 4-6, 6-3, 5-7, 6-41989US Open Boris Becker7-6, 1-6, 6-3, 7-61991Open de Australia Boris Becker1-6, 6-4, 6-4, 6-4

Traxectoria na Masters Cup An0Masters Cup1980FinalBjörn Borg1981VitoriaVitas Gerulaitis1982VitoriaJohn McEnroe1983FinalJohn McEnroe1984FinalJohn McEnroe1985VitoriaBoris Becker1986VitoriaBoris Becker1987VitoriaMats Wilander1988FinaleBoris Becker19891/2 finalStefan Edberg19901/2 finalStefan Edberg19911/2 finalPete Sampras1992Forfait

Notas

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Tenistas Categoría:Campións do US Open Categoría:Campións do Open de Australia Categoría:Campións do Roland Garros Categoría:Nados en Checa