José Ramón Sobredo e Rioboo, nado en Ferrol o 7 de outubro de 1909 e finado en Madrid o 23 de outubro de 1990, foi un militar e diplomático galego.

Traxectoria Era fillo de Luis Sobredo Corral, falecido o 16 de abril de 1951. Tras ser oficial de intendencia da Armada, ingresou na carreira diplomática en 1943.MAEC En 1948 formou parte da primeira Xunta de Investigacións Atómicas (JIA), máis tarde Xunta de Enerxía Nuclear.

Na Armada chegaría ao grao de coronel (retirado). Como diplomático, tras varios destinos menores, como os consulados españois en Southampton (Reino Unido) e Filadelfia (EE. UU.), a partir de 1964 desempeñou as embaixadas de España en Xordania, Costa Rica, Alxeria e a República Popular China. Obtivo numerosas distincións.

Vida persoal Tiña un irmán, chamado Luis María (1916-1936) e unha tía, irmá do seu pai, chamada Evangelina (1869-1917). Tiña unha irmá: Purificación.

Tivo oito fillos, entre eles a cantante Cecilia (1948-1976). O seu fillo Ramón (1943-1980) foi atopado morto na bañeira da súa casa de Madrid. O seu fillo maior, Luis María (1942-1981), faleceu en marzo de 1981 en Vigo, e o seu fillo Francisco Javier morreu en decembro de 2006. A súa esposa, a viguesa María Dolores Galanes Saavedra (nada o 4 de outubro de 1917 e falecida o 1 de febreiro de 2013), sobreviviu a catro dos seus fillos.

Notas

Categoría:Embaixadores de España na China Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Militares de Galicia Categoría:Diplomáticos de España Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes