Lucas Ahijado Quintana, nado en Oviedo o 30 de xaneiro de 1995, é un futbolista español que xoga en posicións de banda dereita no Real Oviedo.
Traxectoria Formado como futbolista na canteira do Real Oviedo, debutou co filial na Terceira División durante a tempada 2013/14.
O 13 de abril de 2014 debutou co primeiro equipo na Segunda División B, substituíndo ao goleador Néstor Susaeta nunha vitoria por 5-1 sobre o Celta B.
Nos seguintes anos compaxinou o primeiro equipo co filial, conseguindo o ascenso con ambos. En xuño de 2019 subiu definitivamente ao primeiro equipo.
Notas
Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1995 Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do Real Oviedo