Manuel García Castro "Magar", nado en Ciudad Rodrigo (Provincia de Salamanca) o 11 de novembro de 1935 e finado en Vigo o 1 de agosto de 2024, foi un fotoxornalista que desenvolveu o seu traballo en Galicia, principalmente para o diario Faro de Vigo.
Traxectoria Fillo dun ferroviario, a familia, con sete fillos, trasladouse de Astorga a Vigo en 1941. En 1962 Manuel entrou a traballar para Faro de Vigo, chegando a ser o xefe da sección gráfica do diario. Foi correspondente de Europa Press na Provincia de Pontevedra de 1966 a 1976.
Impulsou a Fundación Magar no ano 2002, con obxectivo do apoio económico e a investigación para unha terapia contra a acondroplasia, que padece unha neta súa.
Obra bibliográfica (selección) Historia de Galicia (Vigo, Faro de Vigo, 1991). ISBN 84-404-9520-X. Vigo por Magar, 40 anos en branco e negro (Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2001). ISBN 84-8302-920-0. Vigo por Magar II, instantáneas e retratos da vida viguesa (Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2004). ISBN 84-9782-241-2. Por el camino de las peregrinaciones de Álvaro Cunqueiro (Barcelona, Alba, 2004). ISBN 84-8428-207-4. Vigo por Magar III, novas instantáneas e retratos da vida viguesa (Vigo, Edicións Xerais de Galicia, 2007). ISBN 978-84-9782-688-4.Vigo por Magar III na páxina web da editorial
Recoñecementos (selección) Segundo premio de fotografía deportiva organizado pola Asociación de Prensa (1965) Fotopress (1987) Vigués distinguido (1996).
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Magar no sitio web de Xerais
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Ciudad Rodrigo Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Fotoxornalistas