Francisco Sebastián "Sebas" Moyano Jiménez, nado en Villanueva del Duque o 23 de marzo de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista ofensivo no Real Oviedo.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do CD Villanueva del Duque, chegando a debutar co primeiro equipo, e en 2012 ingresou nas categorías inferiores do Córdoba. O 1 de setembro de 2013 debutou co filial na Segunda División B, nun empate sen goles ante o Almería B.

Na tempada 2015/16 marcou 19 goles, pero unha lesión no xeonllo impediulle disputar a promoción de ascenso, na que o seu equipo conseguiu subir de categoría. O 18 de marzo de 2017 xogou o seu primeiro encontro co primeiro equipo, na Segunda División, substituíndo a Antoñito contra o Numancia.

O 31 de xaneiro de 2019 saíu cedido ao Valencia Mestalla na busca de máis minutos, cesión que se prolongou un ano máis.

O 7 de setembro de 2020 fichou polo Lugo. O 11 de novembro, con todo, foi cedido ao CD Ebro, porque non foi inscrito a tempo polo club galego.

De regreso a Lugo en xullo de 2021, Moyano converteuse nun titular habitual do equipo na tempada 2022/23, marcando cinco goles e participando en todos os partidos de liga, agás un, pero non puido evitar o descenso do equipo. O 14 de xuño de 2023, asinou un contrato de dous anos co Real Oviedo.

O 17 de febreiro de 2024 marcou o seu primeiro triplete, nun partido contra o Burgos CF.

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados na provincia de Córdoba Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Oviedo