Vivian Girls é unha banda de mulleres estadounidense de indie rock baseada en Brooklyn, Nova York. As únicas membros consistentes teñen sido a guitarrista Cassie Ramone e a baixista Katy Goodman, tendo pasado polo grupo varias baterías. A banda tomou o seu nome dun libro do artista marxinal Henry Darger.
Historia
Formación Vivian Girls, chamada así pola obra mestra de Henry Darger (título completo: The Story of the Vivian Girls, in What is Known as the Realms of the Unreal, of the Glandeco-Angellinian War Storm, Caused by the Child Slave Rebellion), formouse en Brooklyn, Nova York, en marzo de 2007, como o trío formado por Cassie Ramone (guitarra/voz), Katy "Kickball Katy" Goodman (baixo/batería/voz) e Frankie Rose (batería/baixo/voz). Aínda que as tres só festiveron xuntas un curto período de tempo, gravaron unha maqueta, que incluía cinco cancións orixinais e unha versión de Wipers, e comezaron a tocar localmente en Brooklyn e no estado natal de Katy e Cassie, Nova Jersey. Nos primeiros meses xa desenvolveran unha forte base de fans local, e foron abreconcertos de artistas como Jay Reatard, Sonic Youth e The King Khan & BBQ Show, ademais de atopar almas xemelgas noutras bandas locais, como Cause Co-Motion!, Crystal Stilts e Woods, coas que compartiron moitos concertos e axudaron a desenvolver unha escena local á que a banda aínda está moi conectada.
Primeiros discos En marzo de 2008 lanzaron o sinxelo "Wild Eyes" co selo Plays With Dolls. Con moi pouca promoción e distribución, o sinxelo converteuse nun éxito indie underground, xa que entrou en moitas listas de reprodución da radio universitaria e obtivo críticas positivas en internet. Gravado na mesma sesión, o seu primeiro LP homónimo foi lanzado polo selo Mauled by Tigers, cuxa edición inicial en vinilo esgotouse en dez días. Durante este tempo o grupo asinou con In the Red Records, que lanzou un novo sinxelo en agosto de 2008. In the Red relanzou Vivian Girls en formato LP e CD en outubro de 2008.
En xullo de 2008 a banda sufriu un cambio de formación, coa nova batería Ali Koehler substituíndo a Frankie Rose. A banda realizou entón unha extensa xira na que visitou os Estados Unidos, o Reino Unido, Australia, Nova Zelandia, o Xapón e Porto Rico en dous meses.
O seu segundo álbum, Everything Goes Wrong, foi lanzado por In the Red en setembro de 2009. En maio de 2010 Fiona Campbell substituíu a Ali Koehler, converténdose na terceira batería do grupo. Con Campbell, fixeron unha xira do seu terceiro álbum, Share the Joy, por Europa, Reino Unido, Tailandia, Xapón, Hong Kong e os Estados Unidos.
A banda tamén participou no tema "Worse to Come" do álbum de estrea da banda de noise pop Male Bonding, Nothing Hurts.
O terceiro álbum de Vivian Girls, Share the Joy, foi lanzado na primavera de 2011 por Polyvinyl Record Co.
En xaneiro de 2014 a banda anunciou a súa separación, con dous últimos concertos en The Church on York enos Ánxeles e en Death by Audio en Brooklyn. O grupo reuniuse brevemente en outubro de 2015 para tocar dúas cancións na voda da baixista Katy Goodman.
Reunión O 17 de xullo de 2019 Cassie Ramone, Katy Goodman e Ali Koehler anunciaron a reforma da banda, xunto cun novo álbum de longa duración, Memory, que se lanzaría en setembro e que foi gravado en 2018 co produtor Rob Barbato. O 14 de agosto de 2019 publicouse un vídeo musical para a canción "Something to Do", dirixido por Jason Lester. O 10 de setembro de 2019 publicouse un vídeoclip para o tema "Sludge", dirixido por Alex Ross Perry.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Vivian Girls 2008 Mauled by Tigers/In the Red Record Everything Goes Wrong 2009 In the Red Record Share the Joy 2011 Polyvinyl Record Co. Memory 2019 Polyvinyl Record Co.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Bandcamp da banda
Categoría:Grupos musicais de Nova York Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de dream pop Categoría:Grupos musicais de noise pop Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 2007 Categoría:Bandas de mulleres