Angelique's Isle é un filme canadense de 2018 dirixido por Marie-Hélène Cousineau e Michelle Derosier.Sara Clements, "'Angelique's Isle' Is More Than Just a Man-versus-Nature Survival Story". Exclaim!, 23 de agosto de 2019. Baséase nunha historia real ambientada en 1845, e está protagonizado por Julia Jones como Angelique Mott, unha muller anishinaabe que acompaña o seu marido Charlie (Charlie Carrick) nunha expedición para buscar posibles xacementos mineiros durante a carreira do cobre. A parella queda abandonada nunha illa do lago Superior e vese obrigada a sobrevivir o duro inverno pola súa conta."Angelique’s Isle: A rarely told Canadian story visits a hidden landscape, but takes some shaky steps". National Post, 22 de agosto de 2019. O resto do elenco está composto por Tantoo Cardinal, Aden Young, Stephen McHattie, Brendt Thomas Diabo, Greg Tremblay, Anthony Roch e Dennis Dubinsky.
Gañou tres premios no Festival de Cinema Indio Americano, ao mellor filme, mellor actriz (Jones) e mellor actriz secundaria (Cardinal)."North Bay filmmaker proud to showcase feature film at home" . Regina Leader-Post, 15 de novembro de 2018.
Notas
Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes rodados en Ontario Categoría:Filmes das Primeiras Nacións