Lucas Taibo Domínguez, nado na Coruña o 2 de marzo de 2006, é un futbolista galego que xoga na posición de defensa central no Sporting de Portugal B, da Liga 3 de Portugal.
Traxectoria Naceu na Coruña o 2 de marzo de 2006, sendo fillo do exfutbolista de Présaras Roberto Taibo, xogador do Deportivo da Coruña nas décadas de 1970 e 1980. Comezou a xogar ao fútbol no San Tirso, ata que con 9 anos ingresou na canteira do Deportivo da Coruña. Subiu polas diferentes categorías inferiores do club coruñés, alternando tempadas co San Tirso despois de que ambos clubs asinasen un convenio de colaboración en 2017.
O seu talento chamou a atención de varios clubs europeos, e con 16 anos decidiu aceptar o ofrecemento do Sporting de Portugal. Pasou polas categorías inferiores do club e na tempada 2023/24 realizou a súa estrea co equipo filial na Liga 3, ao que subiu definitivamente na seguinte campaña.
O 18 de outubro de 2024 debutou co primeiro equipo do Sporting na Copa de Portugal, nunha vitoria por 1-2 sobre o Portimonense, nun partido no que o adestrador Ruben Amorim lle deu entrada ao terreo de xogo nos instantes finais como substituto do belga Zeno Debast.
Selección galega Foi convocado pola selección galega para o partido contra Panamá disputado no Estadio de Balaídos o 31 de maio de 2024, que finalizou con derrota (0–2).
Notas
Categoría:Nados en 2006 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal B Categoría:Xogadores do Sporting Clube de Portugal Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia