dereita|miniatura|200x200px| Maternidade de Elna . Elisabeth Eidenbenz nada en Wila, Suíza o 12 de xuño de 1913 e finada en Zürich o 23 de maio de 2011 foi unha mestra e enfermeira, fundadora da Maternidade de Elna, que entre 1939 e 1944 logrou salvar uns 600 nenos e nenas, entre refuxiados republicanos españois e xudeus persoas do pobo xitano que fuxían da invasión nazi.
Traxectoria Traballou como mestra en diferentes colexios de Suíza e Dinamarca ata que decidiu integrarse na Asociación de Axuda aos Nenos da Guerra.
Chegou a Madrid o 24 de abril de 1937 despois de pasar un curto tempo en Dinamarca como voluntaria. Durante a Guerra Civil Española estivo encargada dun almacén de roupa formando parte da axuda humanitaria da asociación de Axuda Suíza aos nenos de España, composta por 15 organizacións suízas. Tras da caída da república, fuxiu a Francia cos exiliados que tiveron que refuxiarse nos campos franceses, onde moitos deles morreron por desnutrición, enfermidades e outro tipo de miserias. Por iso, calquera muller embarazada estaba condenada a perder o seu bebé ou, peor aínda, a morrer no parto.
Elisabeth Eindenbenz pasou varias semanas en Suíza pero en febreiro de 1939 volveu aos campos do sur de Francia. Primeiro participou na Maternidade de Brullá que fora creada por Kart Ketterer nunhas cortes en Perpiñán e onde naceron 33 bébes. Mais despois do estalido da Segunda guerra mundial tiveron que pechar esta maternidade.
Maternidade de Elna A partir daquel momento, Eindenbenz buscou un novo lugar para seguir co labor da maternidade ata que atopou un castelo abandonado, preto da cidade de Elna (e xunto ao campo de Argelès-sur-Mer).Memoria del exilio: Elisabeth Eidenbenz. Coa axuda inicial de 30.000 francos do Socorro Suízo fixo as obras precisas no edificio e a finais de 1939 comezou a funcionar. miniatura| Elisabeth Eidenbenz (de pé, terceira dende a esquerda) durante unha reunión do persoal da SAK, La Schweizerischen Arbeitsgemeinschaft für kriegsgeschädigte Kinder (en galego: a «Asociación suíza para os rapaces vítimas de guerra»). no château de la Hille (Montégut-Plantaurel, Francia) en 1941. Ao principio mantívose a maternidade grazas a doazóns voluntarias que chegaban de Europa, pero tras o comezo da II Guerra Mundial, os fondos diminuíron e comezaron a chegar refuxiados de Francia e o resto de Europa. Principalmente eran mulleres xudías que fuxían da ocupación nazi. Por iso, a maternidade viuse obrigada a ter que asociar a maternidade coa Cruz Vermella e acatar a política desta sobre neutralidade. Isto impedíalle á maternidade acoller refuxiados políticos, sobre todo xudeus, e por iso decidiuse falsear a identidade de gran parte deles co fin de burlar estas leis. Foron moi hostigados pola Gestapo, chegando a ser detida Eindenbenz nunha ocasión.
Salvaron aproximadamente 400 nenos españois e 200 xudeus de Europa.
Retirouse na cidade de Rekawinkel, 30 km de Viena (Austria), e a partir de 2002 comezou a chegar o recoñecemento ao seu traballo, coa publicación de varios libros sobre as súas fazañas e a concesión de varias distincións individuais. Morreu en Zürich o 23 de maio de 2011, aos 97 anos.
Distincións
2002, Medalla des Xustos Entre as Nacións, outorgada polo Estado de Israel. 2006, Cruz de Ouro da Orde Civil da Solidariedade Social, do Goberno de España. 2006, Premio Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña. 2007, Légion d'honneur, concedida polo Goberno de Francia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Maternidade de Elna
Ligazóns externas Novas sobre Elisabeth Eidenbenz en Elna's Mothers .
Categoría:Profesores de Suíza Categoría:Nados en 1913 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Enfermeiros Categoría:Nados no cantón de Zürich