O Dicionario de dicionarios da lingua galega, ou só Dicionario de dicionarios (DdD), é unha ferramenta lexicográfica dixital que recompila obras lexicográficas da lingua galega dos séculos XIX e XX. Desenvolvido e mantido polo Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela, baixo a coordinación do profesor Antón Santamarina, o DdD foi publicado orixinalmente en CD-ROM, e súa versión web ampliou significativamente o seu contido.
Historia e desenvolvemento esquerda|miniatura|Antón Santamarina, coordinador do proxecto orixinal. A primeira versión dixital do DdD publicouse en formato CD-ROM, recollendo 345.742 entradas de 25 obras distintas. Esta iniciativa buscaba preservar e facilitar o acceso ao patrimonio lexicográfico galego.
En 2006, a colaboración entre o ILG e o Seminario de Lingüística Informática da UVigo culminou na creación dunha versión web ampliada.
A nova edición en liña inclúe 392.768 entradas documentadas en 32 obras, e está enlazada na web da Real Academia Galega.
Notas
Véxase tamén Outros artigos bUSCatermos Dicionario da Real Academia Galega Diccionario da Real Academia Galega Diccionario galego de termos médicos Historia da lingua galega Normativa oficial do galego Reintegracionismo
Ligazóns externas Dicionario de dicionarios (usc.gal)
Categoría:Dicionarios galegos Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Universidade de Vigo Categoría:Dicionarios en liña