César Morgado Ortega, nado en Barcelona o 26 de xaneiro de 1993, é un futbolista español que xoga como defensa no Lugo, da Primeira División RFEF. É fillo do exfutbolista Sergio Morgado, que xogaba tamén como defensa.
Traxectoria Comezou a súa carreira como futbolista no Badajoz CF, da Terceira División, e en 2014 iniciou un periplo de oito anos por diferentes equipos da Segunda División B (Córdoba B, Mérida, Cultural Leonesa, Villanovense, Valencia Mestalla e CD Badajoz). En 2021 fichou polo Sabadell, da nova Primeira División RFEF, no que militou durante dous anos. No verán de 2023 asinou como novo xogador do Lugo, da mesma categoría.
Notas
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1993 Categoría:Xogadores do Córdoba CF B Categoría:Xogadores do Mérida AD Categoría:Xogadores do CF Villanovense Categoría:Xogadores do CD Badajoz Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do CD Lugo