Benito Vázquez Vázquez, nado na Devesa (Río Caldo, Lobios) en 1937 e finado en Ourense o 2 de febreiro de 2025, foi un garda civil e político galego do PPdeG.
Traxectoria Garda civil de tráfico. Nas eleccións municipais de 1995 encabezou a candidatura do PPdeG en Lobios e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Revalidou a alcaldía nas municipais de 1999 e 2003, novamente con maioría absoluta. Foi deputado provincial de 1995 a 2003. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta, polo que a alcaldía pasou ao PSdeG, logo de diversas polémicas no último mandato como a negativa a darlle información aos concelleiros da oposiciónEl alcalde de Lobios dice que nunca negó informes a ediles de la oposición ou o endebedamento do concelloEl PP dejó una deuda en Lobios de 1,6 millones.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lobios
Categoría:Alcaldes de Lobios Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Gardas civís Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Lobios