María Dolores Pan Lesta, nada na Coruña en 1975, é unha política e xornalista galega.
Traxectoria Licenciouse en Socioloxía pola Universidade da Coruña en 1998 e continuou os estudos cun posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas na Universidade de Santiago de Compostela (1999). Traballou como xornalista nun medio local, na comarca da Coruña, El Entorno Metropolitano, ata 2017.
Pan, que vivía en Meixigo, comezou no movemento veciñal da aldea. Logo foi nas listas de UxC, un partido progresista de ámbito local, ás eleccións municipais de 2019 en Cambre e saíu elixida concelleira, co que tomou parte do equipo de goberno. Nas eleccións municipais de 2023 foi de segunda logo do alcalde, Óscar García Patiño e encargouse da concellería de Facenda e de Réxime Interno no novo goberno de coalición.
En marzo de 2024, o alcalde García Patiño dimitiu para buscar unha saída a un conflito administrativo e de pagamentos que o enfrontaba ao funcionariado municipal. A asemblea de UxC escolleuna como substituta de García Patiño. Finalmente, unha vez elixida a concelleira substituta de García Patiño, foi escollida alcaldesa cos votos do seu partido (7) máis unha exconcelleira do PP mentres o resto dos grupos, PSdeG-PSOE, que apoiara ao anterior alcalde, BNG e Alternativa dos Veciños abstivéronse. O PP votou a súa candidata, conseguindo 4 votos.
En abril de 2025 dimitiu do cargo, sendo substituída no cargo por Diana Piñeiro Fernández, do Partido Popular.
Notas
Categoría:Alcaldes de Cambre Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña