Qeqertalik (en groenlandés: Kommune Qeqertalik) é un concello situado na costa oeste de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2018 trala partición do antigo concello de Qaasuitsup. A súa capital atópase na vila de Aasiaat. En 2021 tiña 6 176 habitantes.
Xeografía Qeqertalik limita polo sur co concello de Qeqqata e polo nordeste con Avannaata. Tamén limita ao leste co municipio de Sermersooq, pero esta fronteira vai de norte a sur polo centro da capa de xeo de Groenlandia e, como tal, está libre de tráfico. .
As comunidades de Qeqertalik rodean a baía de Disko, unha enseada da meirande baía de Baffin, mentres que as costas nordeste e a península de Nuussuaq pertencen ao concello veciño de Avannaata.
Vilas e asentamentos Área de Aasiaat Aasiaat Akunnaaq Kitsissuarsuit
Área de Kangaatsiaq Kangaatsiaq Attu Iginniarfik Ikerasaarsuk Niaqornaarsuk
Área de Qasigiannguit Qasigiannguit Ikamiut
Área de Qeqertarsuaq Qeqertarsuaq Kangerluk
Notas
Véxase tamén
Categoría:Concellos de Groenlandia