Javier Díaz Pérez, coñecido como Javi Díaz, nado no Rosal o 26 de maio de 1975, é un xogador galego de balonmán, que xoga de porteiro no Atlético Novás, da División de Honra Prata. Con máis de 30 anos de carreira, é o segundo xogador con máis partidos na historia da Liga ASOBAL, na que militou durante 23 campañas, sumando 650 encontros.
Traxectoria Debutou profesionalmente en 1992, nas filas do desaparecido Octavio vigués. Posteriormente pasou polas filas do Chapela, o Teucro, o Teka Cantabria, o OAR A Coruña, o Octavio de novo, o Villa de Aranda, o Atlético Valladolid e o Cangas. No verán de 2023 despediuse da Liga ASOBAL como o segundo xogador con máis partidos na historia da competición (650), superado só por José Javier Hombrados. Regresou entón ao seu Rosal natal, onde con 48 anos, fichou polo Atlético Novás, da División de Honra Prata.
Clubs SD Octavio (1992-1995) BM Chapela (1995-1997) SD Teucro (1997-2005) Teka Cantabria (2005-2006) OAR A Coruña (2006-2007) SD Octavio (2007-2011) BM Villa de Aranda (2011-2015) Atlético Valladolid (2015-2018) CB Cangas (2018-2023) Atlético Novás (2023-Act.)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Datos do xogador no sitio web da Liga ASOBAL .
Categoría:Nados no Rosal Categoría:Xogadores de balonmán de Galicia