Fuglafjørður (en ) é unha vila da illa de Eysturoy, na costa leste das illas Feroe. O seu nome significa "fiorde de paxaros". En marzo de 2023 tiña 1 625 habitantes.Poboación, concellos e vilas Statistics Faroe Islands
Economía A vila atópase ao bordo dunha baía e esténdese nos outeiros escarpados circundantes. O centro da cidade está situado preto do porto e acolle a maioría das tendas e servizos. O porto de Fuglafjørður ten moita actividade, xa que a economía da cidade céntrase no procesamento de peixe e fariña de peixe. Hai industria pesqueira e tamén depósitos de petróleo.
Nos últimos anos, Fuglafjørður tamén se fixo famosa polo seu recentemente establecido centro cultural no centro da cidade, que se converteu nunha das principais atraccións culturais de Eysturoy.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Cidades das Illas Feroe