E ti, que científicas coñeces? é un libro ilustrado de Nieves Lorenzo González, Encina Calvo Iglesias e Inés Álvarez Fernández, con deseños de MeliMolita, que dá a coñecer as biografías de mulleres enxeñeiras, científicas ou inventoras.
A obra achega referentes femininos na ciencia e na tecnoloxía para a rapazada. As mulleres presentadas son Wang Zhenyi, Lise Meitner, Cecilia Payne, Mary Anning, Rachel Carson, Mae Jemison, Katherine Johnson, Caroline Herschel, Barbara McClintock, Sylvia Earle, Marie Tharp, Bette Nesmith Graham, Dorothy Crowfoot Hodgkin, Katalín Karikó, Nettie Maria Stevens, Rosalind Franklin, Elena García Armada, Hedy Lamarr, Margaret Hamilton e Vera Rubin.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas E ti, que científicas coñeces?, no blog Mujeres con ciencia (decembro de 2023). Descarga da obra
Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Literatura infantil e xuvenil Categoría:Obras literarias de 2023 Categoría:Obras literarias en galego