Ernst Erik Axel Nordin, nado en Selånger, condado de Västernorrland, en 1934, é un escultor, pintor, medallista e deseñador de moedas sueco.

Traxectoria Enst Nordin recibiu a súa educación artística na Konstfackskolan (Universidade de Artes, Artesanía e Deseño) e na Academia de Belas Artes, ambas en Estocolmo."Ernst Nordin". Lexikonett amanda. Sveriges Kulturnät.Bergroth, T. C. (2014).

Como escultor, modelou varias esculturas públicas instaladas non só en Estocolmo, senón en diversas cidades de todo o país, como Umeå, Trelleborg, Boden, Sundsvall ou Linköping.Voisin, M. A. (2003). Unha das súas esculturas públicas máis sobranceiras é Non Serviam (1980), sita na rúa Malmskillnadsgata, Estocolmo. Tamén é salientable a súa colección de retratos para salas. miniatura|270x270px|Non Seviam (1980), Estocolmo. Ademais, foi o creador de decenas de medallas, entre as que destaca a dedicada a Carl Linnaeus (2007). Arredor de 40 medallas foron creadas para institucións como a Academia Sueca de Ciencias, a Universidade de Uppsala, a Real Casa da Moeda de Suecia e o Gabinete Real de Moedas de Suecia.

Nordin foi tamén o creador dunhas 20 moedas da coroa sueca, tanto circulantes como conmemorativas, todas elas emitidas a nome do rei Carlos XVI Gustavo.Moedas suecas deseñadas por Ernst Nordin. Numista.com Tanto nas súas medallas como nas súas moedas, a arte de Nordin exprésase sinaladamente a través dos seus retratos."Ernst Nordin & kronan". Myntbloggen.se

En paralelo ao seu labor creativo, Nordin desenvolveu tamén unha longa carreira docente, na Konstfackskolan e na Escola de Arquitectura do Real Instituto de Tecnoloxía, nesta última como profesor titular de Teoría da Forma.

Recoñecementos

2014: Medalla de ouro do Rei de Suecia (12ª edición). 2015: Medalla Gunnar Holst, da Fundación Numismática Gunnar Holst (Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik), de Gotemburgo, Suecia.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Bergroth, T. C. (2014). ”En konstnär som ger kunglig glans”. En Svensk Numismatisk Tidskrift. 5 (setembro). Páxina 111. Voisin, M. A. (2003). "Ernst Nordin - ny utställning på Kungl. Myntkabinettet". En Svensk Numismatisk Tidskrift. 1 (febreiro). Páxina 15. Voisin, M. A. (2003-b-). Ernst Nordin. Kungliga Myntkabinettet, Estocolmo. ISBN 91-89256-15-8

Categoría:Nados en 1934 Categoría:Nados no condado de Västernorrland Categoría:Escultores de Suecia Categoría:Pintores de Suecia Categoría:Deseñadores de moeda Categoría:Galardoados coa medalla Gunnar Holst Categoría:Personalidades sen imaxes