Melisa Macía Domínguez, nada en Vilariño de Conso, é unha política galega, alcaldesa do seu municipio natal polo Partido Popular dende o ano 2017.

Traxectoria Concelleira en Vilariño de Conso polo PPdeG, era a primeira tenente de alcalde. O 20 de xullo de 2017 o entón alcalde, Ventura Sierra, presentou a súa renuncia ao pleno do concello tras ser condenado a sete anos de inhabilitación para cargo público, polo que foi elixida nova alcaldesa do concello. Nas eleccións municipais de 2019 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixida alcaldesa con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 logrou novamente a alcaldía con maioría absoluta.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vilariño de Conso

Categoría:Alcaldes de Vilariño de Conso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en ano descoñecido