Javier Mourón Figueroa, nado en Ordes, é un artista multidisciplinar (ilustración, muralismo e rap) galego coñecido co nome artístico de MØU.
Traxectoria Formouse na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. É director de Mutante Creativo, un estudio de deseño, arte e comunicación, desde onde fai deseño gráfico, arte mural, ilustración, fotografía de reportaxe, publicidade, audiovisual, creación musical, en obradoiros de graffiti e produción musical. Ademais, é membro da banda Dios ke te crew.
Xunto a Sokram é un grande impulsor do panorama artístico urbano galego, destacando por ser o organizador e coordinador dos festivais de arte urbana DesOrdes Creativas de Ordes e do RexeneraFest de Carballo, entre outros.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Conta de Behance
Categoría:Rapeiros de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Cantantes en lingua galega