Chicago é unha banda estadounidense de rock formada en Chicago, Illinois, en 1967. O grupo a chamarse a si mesmo Chicago Transit Authority en 1968, e despois acurtou o nome en 1969. Autodescrita como unha "banda de rock and roll con metais", as cancións de Chicago adoitan a combinar elementos de música clásica, jazz, R&B e música pop.
Xurdida de varias bandas da área de Chicago a finais dos 60, a formación estaba composta por Peter Cetera no baixo, Terry Kath na guitarra, Robert Lamm nos teclados, Lee Loughnane na trompeta, James Pankow no trombón, Walter Parazaider nos instrumentos de vento madeira, e Danny Seraphine na batería. Cetera, Kath, e Lamm compartían as tarefas vocais. Laudir de Oliveira uniuse á banda como percusionista e segundo batería en 1974. Kath morreu en 1978, e foi substituído por varios guitarristas. Bill Champlin uniuse en 1981, proporcionando voces, teclados e guitarra rítmica. Cetera deixou o grupo en 1985 e foi substituído por Jason Scheff. Seraphine marchou en 1990 ocupando o seu lugar Tris Imboden. Aínda que a formación da banda vén sendo máis fluída dende 2009, Lamm, Loughnane, e Pankow permaneceron como membros. Parazaider retirouse dos directos en 2017 pero segue sendo parte do grupo.
Discografía
Álbums principais ÁlbumAnoSeloChicago Transit Authority1969Columbia RecordsChicago1970Columbia RecordsChicago III1971Columbia RecordsChicago V1972Columbia RecordsChicago VI1973Columbia RecordsChicago VII1974Columbia RecordsChicago VIII1975Columbia RecordsChicago X1976Columbia RecordsChicago XI1977Columbia RecordsHot Streets1978Columbia RecordsChicago 131979Columbia RecordsChicago XIV1980Columbia RecordsChicago 161982Full Moon RecordsChicago 171984Full Moon RecordsChicago 181986Full Moon RecordsChicago 191988Full Moon RecordsTwenty 11991Full Moon RecordsNight & Day: Big Band1995Giant RecordsChicago XXV: The Christmas Album1998Chicago RecordsChicago XXX2006Rhino EntertainmentChicago XXXII: Stone of Sisyphus2008Rhino EntertainmentChicago XXXIII: O Christmas Three2011Chicago Records IIChicago XXXV: The Nashville Sessions2013Chicago Records IIChicago XXXVI: Now2014Frontiers RecordsChicago XXXVII: Chicago Christmas2019Rhino EntertainmentChicago XXXVIII: Born for This Moment2022BMG Rights Management
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Chicago, Illinois Categoría:Grupos musicais de rock Categoría:Grupos musicais de soft rock Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de jazz-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1967