O nicrosil é unha aliaxe de níquel que contén arredor dun 14,4% de cromo, 1,4% de silicio e, nalgunhas fontes, 0,1% de magnesio.

O nicrosil é usado como a parte positiva dos termopares de tipo N. Nesta aplicación, outra aliaxe de níquel, o nisil, é usada como a parte negativa. Neste caso, o nicrosil non contén magnesio.

Notas

Categoría:Aliaxes