Pokémon Master Journeys: The Series é a vixésimo cuarta tempada da serie de anime de Pokémon, e a segunda tempada e serie titular de Pokémon Journeys: The Series, coñecida no Xapón como Pocket Monsters (ポケットモンスター, Poketto Monsutā). A tempada estreouse no Xapón o 11 de decembro de 2020, a través de TV Tokyo; no Canadá, a tempada estreouse en Teletoon en xuño de 2021, Télétoon en xullo de 2021. Nos Estados Unidos, a serie estreou os primeiros 12 episodios o 10 de setembro de 2021 a través de Netflix, con novos episodios estreados o 21 de xaneiro e o 26 de maio de 2022. A tempada estreouse na India dobrado ao hindi o 25 de novembro de 2022. A tempada continúa as viaxes de investigación de Ash Ketchum e Goh (ás veces tamén se une Chloe), que percorren as oito rexións do mundo Pokémon, incluíndo a nova rexión de Galar de Pokémon Sword e Shield e a rexión de Crown Tundra de Galar que aparece en Pokémon Sword e Shield: The Crown Tundra. Teñen a súa base de inventigación no Laboratorio Cerise de Vermillion City, na rexión de Kanto.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de Pokémon en TV Tokyo Anime de TV Pokémon en Pokémon JP official

Categoría:Pokémon