Family é unha banda inglesa de rock activa dende finais de 1966 ata outubro de 1973, e novamente dende 2013 para unha serie de concertos. O seu estilo caracterizouse como rock progresivo, xa que o seu son a miúdo exploraba outros xéneros, incorporando elementos de estilos como o folk, a psicodelia, o acid rock, o jazz fusión e o rock and roll. O grupo conseguiu recoñecemento no Reino Unido polos seus álbums, as súas xiras e por aparicións en festivais.

As cambiantes formacións de Family ao longo da súa relativamente curta existencia levou a unha diversidade de sons nos seus distintos álbums. O grupo tamén adoita a ser visto como un artista inxustamente esquecido en comparación con outras bandas do mesmo período, e foi descrito como unha "banda estraña amada por un pequeno pero rabioso grupo de fanáticos".

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloMusic in a Doll's House1968Reprise RecordsFamily Entertainment1969Reprise RecordsA Song for Me1970Reprise RecordsAnyway1970Reprise Records/United ArtistsFearless1971Reprise Records/United ArtistsBandstand1972Reprise Records/United ArtistsIt's Only a MovieRaft/United Artists

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado de Leicestershire Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais de hard rock Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de jazz-rock Categoría:Grupos musicais formados en 1966