O hunsrik (chamado nativamente en portugués hunsriqueano riograndense, hunsrik ou hunsrückisch), tamén chamado riograndenser hunsrückisch ou katharinensisch, é unha variedade da lingua fráncica moselana que deriva principalmente do dialecto hunsrückisch do alemán central occidental. A lingua ten certo recoñecemento, principalmente no Brasil. É considerada unha parte integrante do patrimonio histórico e cultural do estado brasileiro de Río Grande do Sur dende 2012, e patrimonio cultural inmaterial do estado de Santa Catarina dende 2016. Tamén é lingua cooficial nos concellos de Antônio Carlos, Santa Maria do Herval e São João do Oeste. No Brasil, Hunsrik é falado nos estados de Río Grande do Sur, Santa Catarina e o Paraná. A lingua tamén é falada nalgunhas rexións de Paraguai e nas rexións veciñas da Arxentina.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Linguas do Brasil

Categoría:Linguas do Brasil Categoría:Dialectos do alemán