miniatura|230px|Limnodromus scolopaceus Limnodromus é un xénero de aves limícolas da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1833 polo príncipe e naturalista alemán Maximilian zu Wied-Neuwied,Limnodromus griseus (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 5 de decembro de 2022.Limnodromus Wied-Neuwied, 1833 na BioLib. Consultada o 5 de decembro de 2022., nun traballo publicado en Beitr. Naturgesch. Brasil 4: 716.

Etimoloxía O nome científico Limnodromus, foi creado por Maximilian zu Wied-Neuwied, para dar cabida a unha única especie (a actual Limnodromus griseus).Wied-Neuwied, Maximilian (1833): Beiträge zur Naturgeschichte von Brasilien. Vol. 4, Part xx. Weimar: Im Verlage des Landes-Industrie-Comptoirs, p. 716.Peters, James Lee, ed. (1934): Check-List of Birds of the World. Vol. 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, p. 272.

E está formado pola unión dos elementos Limno- e -dromus, ambos os dous tirados das voces do grego antigo, λιμνη límnē, "lago", "lagoa", e δρομάς, δρομάδος dromás, dromádos, "corredor".Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 227.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Lymnodromus Gray, 1841 Macroramfus S.D.W., 1836 Macroramphus Lesson, 1828 Macrorhamphus E.Forster, 1817 Macrorhamphus Leach, 1816 Pseudoscolopax Blyth, 1859

Especie tipo A especie tipo é Scolopax grisea, hoxe Limnodromus griseus. Scolopax grisea Gmelin, 1789 no GBIF.

Especies e subespecies O xénero comprende tres especies, que se distribúen por Asia e América do Norte, aínda que as dúas especies americanas chegan esporádicamente a Galicia, onde son coñecidas como mazaricos.Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" Chioglossa 1: 121–138.

Limnodromus griseus (Gmelin, 1789) - (Norteamérica) Limnodromus griseus caurinus Pitelka, 1950 Limnodromus griseus griseus (Gmelin, 1789) Limnodromus griseus hendersoni Rowan, 1932 Limnodromus scolopaceus (Say, 1823) - (Norteamérica) Limnodromus semipalmatus (Blyth, 1848) - (Asia)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1966): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Editions. ISBN 978-84-8733-420-7. Peter Hayman, John Marchant & Tony Prater (1991): Shorebirds: An Identification Guide to the Waders of the World. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-3956-0237-9.

Outros artigos Escolopácidos

Ligazóns externas

Categoría:Escolopácidos Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Aves de Asia Categoría:Taxons descritos por Maximilian zu Wied-Neuwied