Episkepsis (en grego: ἐπίσκεψις; romanizado.: episkepsis, literalmente "coidado, inspección"; pl. ἐπισκέψεις, episképsiis) era un distrito fiscal do Imperio Bizantino Medio (séculos X-XIII). Nun sentido estritamente técnico, referíase a un dominio ou outras propiedades, incluíndos nalgúns casos vilas ou cidades enteiras, destinadas ao sustento de membros da familia imperial, casas nobres ou igrexas e mosteiros.
Como demostrou o historiador Paul Magdalino, estas epíscepses situáronse, na súa maioría dos casos, nas costas costeiras do mar Exeo, que comprendían a mellor terra cultivable do Imperio, ou en zonas fértiles do interior como Tracia e Tesalia. A partir do século XII, tamén pasou a referirse ás partes financeiras dos themas.
O termo tamén denotaba a administración diaria dalgunhas propiedades, especialmente a propiedade imperial, e no século XII referíase ás divisións fiscais dos themas.
Historia Como institución, a episkepsis existía xa no século IX, ao mencionar aos episketitas -os responsables do devandito territorio- en función do oikeiakon, un sekreton creado por Basilio II. Aínda que ao longo da súa existencia, na historia bizantina, designou as posesións imperiais, estes predios ou leiras podían ser clasificadas en tres tipos: imperiais, persoais (dos nobres) e eclesiásticas. Algúns dos exemplos destes territorios pertencían a Macedonia, Mileto e Alopekai.
Unha episkepsis podíase transformar nunha kouratoria en caso de estabilidade e aumento dos ingresos. Por exemplo, Seleukia foi unha episkepsis durante o século X, pero máis tarde constituíu a gran kouratoria de Tarso.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Themas
Categoría:Subdivisións do Imperio Bizantino