Antanas Žukauskas, nado en Pienionys, Utena, o 9 de marzo de 1939, e finado en Vilnius o 27 de abril de 2022,"Antanas Žukauskas". Visuotine Lietuvių Enciklopedija. foi un escultor, medallista e deseñador de moedas lituano, coñecido polo seu deseño dos anversos nacionais da serie de moedas en euros de Lituania.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Antanas Žukauskas foi o menor de tres irmáns no seo dunha familia labrega e criuouse na localidade de Bikūnai en Anykščiai, en cuxo instituto curso o ensino secundario, do que se graduou en 1959.

De 1960 a 1966 cursou estudos superiores artísticos na Academia de Artes de Vilnius, na especialidade de Escultura, tendo como mestre a Juozas Kėdainis.

Escultura A súa primeira experiencia laboral foi ao servizo do Ministerio de Cultura da República Socialista Soviética de Lituania, entre 1966 e 1970. A partir dese ano Žukauskas instalouse como artista independente e en 1974 integrouse na Asociación de Artistas Lituanos."Antanas Žukauskas". Pasaulio Anykštėnų Bendrija. Anykštėnų biografijų žinynas.

Xa desde 1964 participou en numerosas exposicións de arte tanto en Lituania como no estranxeiro. As súas obras atópanse en moitas coleccións, como as do Museo de Arte Lituana, o Museo Nacional de Lituania, a Fundación da Asociación de Artistas Lituanos, o Museo Vydūnas de Detmold, os Museos Vaticanos, a Galería Tretyakov de Moscova ou o Museo Balzekas de Cultura Lituana de Chicago.

Žukauskas foi un creador prolífico de esculturas e relevos para espazos públicos, como a decoración escultórica do Teatro Nacional de Ópera e Ballet de Lituania, en Vilnius, así como outros monumentos, lápidas, etc.

Medallística e deseño de moeda En 1984, Antanas Žukauskas creou unha medalla para conmemorar o 500 aniversario da morte do santo nacional lituano, San Casimiro, co seu retrato no anverso e unha oración á Virxe María no reverso. Esta medalla era a única medalla oficial de tema relixioso na Unión Soviética.

Ademais, Žukauskas deseñou entre 1995 e 2005 varias moedas, tanto circulantes como conmemorativas, do sistema do litas para o Banco de Lituania e a Casa da Moeda de Lituania. No entanto, a obra que lle supuxo un maior recoñecemento internacional foi o deseño dos anversos nacionais comúns a toda a serie circulante de moedas do euro de Lituania, que entrou en circulación en 2015, co cabaleiro Vytis ("O Perseguidor) extraído do escudo de Lituania.Moedas deseñadas por Antanas Žukauskas. Numista.com

Escolma de traballos

Esculturas Escultura á maternidade (Motinystė) en Plungė (1972)."Antanas Žukauskas". Yrasalis.lt

Escultura-fonte Pumpuras de granito rosa, en Vilnius (1979)."Meno galerijoje – skulptorius Antanas Žukauskas". Anyksta.lt. 16 de maio de 2013. Anūkas, no Parque das Esculturas de Klaipeda (1985). Dez esculturas de bronce da fachada do Teatro Nacional de Ópera e Ballet de Lituania en Vilnius (1989). Monumento a Jonas Basanavičius en Vilkaviškis (1996)."Paminklas Jonui Basanavičiui". Pamatyklietuvoje.lt Monumento a Vincas Kudirka en Vilkaviškis (1998).

Moedas do litas lituano

Moedas do euro

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados no condado de Utena Categoría:Finados en 2022 Categoría:Escultores de Lituania Categoría:Deseñadores de moeda